22 jun 2012
O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA 10º NA XERAL FINAL POR EQUIPOS DA COPA DE ESPAÑA DE BTT XC
O pasado fin de semán rematou en Aviles a Copa de España de BTT-XC; o balance para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA foi bo, a pesares das diferentes baixas, asi na categoria Pro, Saul Lopez rematou 27, (7º entre os sub23) no seu primer ano na categoría. En Cadetes Ivan Conde rematou o 11º e Raul Gonzalez 15º.En Feminas Jun-Cadete , Xiana Conde rematou a 11ª. En Master 50 Jose Manuel Gonzalez foi o 3º e en Master 40, Xulio o 7º. Na clasificación final por equipos, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , rematou o 10º entre un total de 29 equipos, o que constitue un gran exito.
Agora a tempada continua co Open Galego, Campionato Galego de BTT , e Campionatos de España BTT.
17 jun 2012
INDURAIN E RUBIERA GALARDONADOS COAS CHOCAS DO ANO 2012


Dende hai xa 5 anos , o noso clube , ven entreganto anualmete os PREMIOS CHOCAS DO ANO, cos que queremos recoñecer a xente do mundo da bicicleta a súa traxectoria. Nestes anos recibiron este agasallo , OSCAR PEREIRO e MARCOS SERRANO no ano 2008, o equipo XACOBEO e J.G. NOIA, no ano 2009, EZQUIEL MOSQUERA ,no ano 2010 e GUSTAVO C. VELOSO , no ano 2011. Este ano o galardon traspasou as terras galegas por primeira vez , e foi parar as máns de CHECHU RUBIERA e do mismisimo INDURAIN.
Ambos representan as duas caras do ciclismo, Miguel , a dun dos mellores corredores a nivel mundial da historia do ciclismo, un gañador nato. E Cechu, a dus dos millores gregarios, eses corredores que o dan todo para que un compañerio poida gaña. Grandes os dous!!!!
A verdade que a nomina de gañadores asusta.... pero a vez alegranos moitisimo que todos estes craks teñan estado cos rapazes e rapazas da nosa ESCOLA JA HERMIDA , e teñan estado en Maceda.
No mesmo acto, no que conmemoramos os 25 anos da nova etapa do CC Maceda, anque xa estivera en marcha na decada dos 70, homenaxeouse a xente que puxo en marcha o ciclismo en Maceda, como foron Claudio Blas e Gregorio Perez.
A vez se recoñeceu o apoio dos nosos patrocinadores e sacaronse as fotos oficiais de todos os integrantes do Clube e da Escola , con tan ilustres acompañantes.
No mesmo acto, no que conmemoramos os 25 anos da nova etapa do CC Maceda, anque xa estivera en marcha na decada dos 70, homenaxeouse a xente que puxo en marcha o ciclismo en Maceda, como foron Claudio Blas e Gregorio Perez.
A vez se recoñeceu o apoio dos nosos patrocinadores e sacaronse as fotos oficiais de todos os integrantes do Clube e da Escola , con tan ilustres acompañantes.
12 jun 2012
MIGUEL INDURAIN EN MACEDA
Este ano no Club Ciclista Maceda, estamos de aniversario, e había que celebralo.... Son xa 25 anos de historia... maís os anos en que anteriormente xa estivera en actividade o clube, alo polos anos 70. Queríamos facer , algo grande e bonito, e que máis grande e bonito, que poder contar co mási grande de todos os ciclistas: MIGUEL INDURAIN; Miguel estará con nos , pero especialmente, con tod@ os rapazes/as da Escola JA Hermida, o 16 de xuño, no Multiusos de Maceda. Esto non sería posible sin a deferencía do Clube Ciclista Ourensan ,e en especial Carlos Moures, que en todo momento colaborou para que este clube puidera cumprir un soño. .... MOITAS GRAZAS MOURE!!!
E ESTADES TOD@S CONVIDADEOS!!!
10 jun 2012
SAUL 2º (1ºSUB 23) NOS CAMPIONATOS DE CASTELA E LEON
Este sabado, a cita para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA foi nos campionatos de Castela e Leon, na localidade leonesa de Bembibre. Os corredores macedans, rindiron a un gran nivel, asi o Sub 23 , Saul Lopez vencia con autoridade na categoria de Sub 23, sendo ademais 2º na xeral absoluta , detras do corredor granadino do Wild Woff, A. Trujillo. Saul , realizaba unha gran carreira, rodando casi toda a carreira en posicions de cabeza, e adaptandose perfectamente a un duro circuito. En Juniors, Marcos Villar, que esta semán voltar a pasar polo quirofano, quedaba as portas do podium, sendo 4 , e realizando unha extraordinaria carreira. En cadetes, Ivan Conde, non tiña moita sorte, xa que cando ia en cabeza, sufria un pinchazo. Ao final entraba 6º. Na mesma categoria , Raul Gonzalez era 5º. En M50 Jose Manuel Gonzalez era 2º e en M40 Xulio , 4º, A vindeira fin de semén chega a ultima proba da Copa de España de BTT , en Aviles.
5 jun 2012
VICTORIA DE IVAN FEIJOO NO I TROFEO INTER RIAS DE MINI BTT
Este sabado celebrouse en Sanxenxo unha nova proba do calendario galego de MINI BTT , o I TROFEO INTER RIAS DE MINI BTT, nunha xornada , que apesares da choiva, deronse cita casi 200 rapaces e rapazas de todos os clubes galegos. A proba organizada polo CC Corvelo, transcurriu no centrico parque de Vicaño da localidade pontevedresa. En canto a participación dos nenos e nenas da ESCOLA JA HERMIDA, destacar a victoria de Ivan Feijoo, e xa van 2, na categoria Infantil, neste seu primer ano na categoria Aaron Lopez foi 6º e Manuel Souto 10º. Tamén subiron o podium , Noela Saa , como 2ª en Principiantes Feminas e Antía Martinez, 5ª en Alevins Feminas.
A pesares das diferentes ausencias , o rapaces e rapazas do clube macedán estiveron a gran altura.
Clasificacións completas en:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/996_I%20TROFEO%20INTER-R%C3%8DAS%20DE%20MINIBTT.pdf
29 may 2012
IVAN CONDE 7º NA COPA DE ESPAÑA DE YEPES
O corredor cadete , Ivan Conde rematou 7º na 3ª proba puntuable para a Copa de España de BTT XC 2012, disputada na localidade toledana de Yepes, na maña do domingo ,e nunha xornada marcada polo calor. O resultadado de Ivan era máis destacado para os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, que nesta xornada non se veian acompañados pola sorte. Asi Saul Lopez, en Elite ,debía abandonar mediada a carreira por problemas mecanicos. Marcos Villar, en Juniors ,na súa volta a participación nunha Copa de España despois da sua fractura de femur, non podia rematar a carreira por pinchazo. O mesmo sucedia en cadetetes onde Sergion Movilla , sufria unha caida que o levaba a retirarse.
En Masters 40 Xulio era 9º e Jose Manuel Gonzalez 5º en master 50.
A vinderia cita da Copa de España será o 17 de xuño en Aviles
24 may 2012
O DOMINGO COPA DE ESPAÑA BTT XC EN TOLEDO
Este fin de semán o ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MERIDA, desprazarase ata a localidade toledana de Yepes, onde se vai a celebrar a 3ª proba puntuable para a Copa de España. As carreiras celebraranse na matinal do domingo, sendo as 10 horas as carreiras de cadetes , feminas e master, e as 11:30 as de Elite Sub23 e Junior. Os corredores de Maceda, que parten este sábado cara Yepes, tentaran meterse entre os 10 primeiros nas categoria nas que participan. Saul Lopez, que tan boa tempada esta a realizar, e que vai 10º na Xeral da Copa de España en sub 23, pelexara de novo por repetir o resultado de Bejar, no que fora o 7º entre os Sub 23. En Juniors, destacar a volta de Marcos Villar a unha proba da Copa de España , despois de terse recuperado da sua rotura de femur, en plena tempada de ciclocross. En Cadetes participaran Ivan Conde , Raul Gonzalez e Sergio Movilla na categoria masculina, en tanto que e dubida a femina Xiana ,que se atopa recuperando dun golpe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


