16 ago 2011
13 ago 2011
PABLO 3º NA COPA DO MUNDO JUNIOR DE NOVE MESTO NA MORAVE
Un dia máis para a historia do noso clube e da nosa ESCOLA; a foto que dende fai tempo pensabamos que podia chegar , chegou: PABLO RODRIGUEZ, pisando o podium da COPA DO MUNDO DE BTT !!!! hoxe, si que unha imaxe vale máis que mil palabras. E de seguro que non vai ser a ultima vez , pero e a primeira, e de ahi a nosa delicia. Pablo, que viña de facer 4º no CAMPIONATO DE EUROPA a semán pasada, amosando xa o seu nivel de forma , partia con serias opcións de subir o podium; o circuito gustaballe, el atopáse millor que nunca, asi que todo parecía que iba a realizar unha gran carreira, e asi foi, rodou toda a carreira entre segundo e tercerio, pelexando man a man con belga Jens Shuermans, que viña de quedar campión de Europa, polo segundo posto. Diante o neozelandes Antoon Coper, que sorprenderaos de saída , abrindo un oco que o final deulle a victoria. Chegabase a ultima volta e finalmente Pablo era 3º , e soño cumpriase ,para este junior macedan do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, e remataba subindo o podium. Agora, e sin celebracións, a pensar na vindeira carreira , unha nova COPA DO MUNDO, esta vez na localidade italiana de VAL DI SOLE, e sobre todo no mundial, para o que cada vez falta menos.
Para ver os resultados pulsa aqui:
12 ago 2011
11 ago 2011
COPA DO MUNDO BTT NOVE MESTO NA MORAVE
Este sábado a partir das 12:00 horas , o corredor junior PABLO RODRIGUEZ , estará presente , coa selección Española, na penultima proba puntuable para a Copa do Mundo de BTT , na localidade checa de Nove Mesto na Morave.
Despois da sua gran actuación , o fin de semán pasado ,no europeo de BTT , no que foi 4º , Pablo , tratara de aproveitar o seu excelente momento de forma, e tentara estar por primeira vez no podium nunha proba na Copa do Mundo. Pablo ,partira da 5ª posición na grella de saída, grazas aos seus bos resultados nesta temporada.
O corredor macedán que xa se atopa dende o luns na localidade checa, preparando a carreira deste sábado co resto de corredores e corredoras da selección Española, manifestou , que o circuito lle gusta e se adapta a súas condicións; trátase dun circuito técnico con subidas cortas , e moita raiz e pedra.
O domingo tocaralle o turno , a partir das 14:00 , o actual campión do Mundo ,e oriundo de Maceda, Jose Antonio Hermida.
Maís información da proba en:
MINI BTT MANZANEDA
Este fin de semán celébrase en Manzaneda , e organizado por SHERPA PROJECT, unha proba do calendario galego de MINI BTT, concretamente o sábado a partires das 16:30 horas. Pero non e a única actividade , xa que a xente de Sherpa, programou diferentes e divertidas actividades para todo o fin de semán, tanto para os participantes no MINI BTT , como no no BIKE PARK; O programa é o seguinte:
SABADO 13 DE AGOSTO
Mini BTT Manzaneda Bike Park (16:30 a 19:00)
CatEye Freeride Night Session (21:30 a 22:30)
Freeride nocturno. Non te esquezas de traer as luces de casa !!!!!.
Bike Party (Disco Galleira de 22:00 a 01:30)
Mini BTT Manzaneda Bike Park (16:30 a 19:00)
CatEye Freeride Night Session (21:30 a 22:30)
Freeride nocturno. Non te esquezas de traer as luces de casa !!!!!.
Bike Party (Disco Galleira de 22:00 a 01:30)
O sábado pola noite e na discoteca da estación, prepararemos sorteos, prexeccións, música....
DOMINGO 14 DE AGOSTO
Marcha Trail Party (10:45 a 12:30)
Un paseo polos arredores de Manzaneda para pais e fillos. Unha boa oportunidade se sair xuntos coa Montain Bike. Un circuito sinxelo e divertido
Marcha Trail Party (10:45 a 12:30)
Un paseo polos arredores de Manzaneda para pais e fillos. Unha boa oportunidade se sair xuntos coa Montain Bike. Un circuito sinxelo e divertido
Concurso de Disfraces (12:30 a 14:00)
E o fin de festa. Tes limite ata as 14:00 horas do domingo para aparecer coas tuas millores galas. Atrevete a facer unha baixada
Premios Concurso de Disfraces (14:00 horas)
8 ago 2011
CEA FESTAS DAS NEVES
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


