12 dic 2023

TRIPLE PODIUM NA COPA GALICIA CX DE BOIRO CON BRAIS, SARELA E IRIS





Nova exitosa xornada, con tres corredores do noso equipo de novo no podium, nunha das probas clasicas do Calendario Galego de CX, a celebrada en Boiro. Brais Fernandez ,nunha gran carreira na que finalizaba 2º Sub23 , e 4º na xeral absoluta, resultado que lle permite afianzarse como lider da Copa a falta de 2 probas. En Sub23, Sarela Conde era 2ª , nunha gran carreira a moi bo nivel. Iris Fernandez finalizaba 3ª . Con estes resultados , ambas corredoras, ao igual que Brais dan un paso adiante moi importante de cara a loita que manteñen para facerse ca Xeral da Copa Galicia de CX

En Junior , mala sorte para Miguel Sotelo, que sufria unha averia por caida na saida e non remataba a proba. En Cadetes, gran carreira de Martin Lopez, que finalizaba no top ten ,sendo 8º. Dani Rodrigues era 26º .

No hay comentarios:

Publicar un comentario