3 may 2023

ALEJANDRO GARCIA 3º JUNIOR NA COPA DE ESPAÑA DE SABIÑANIGO



Nun fin de semán de cruz e cara , na participación do noso equipo ACADEMIA POSTAL-MACEDA-ABANCA , na ultima proba da Copa de España XCO , a alegria chegaba de man do junior Alejandro Garcia quen era 3º na proba de junior, amosando o seu gran nivel , nunha carreira na que apesares de non ter unha boa saida, si que era quen de remontar para entrar en podium e sumar unhos moi bos puntos UCI. 

Saul Lopez era a cruz de este finde ao sufrin unha aparatosa caida nos adestramentos do sabado, o que lle obrigaba a non poder participar na proba do domingo. 

Nestor Frias, finalizaba o 55º na proba de cadetes , nunha carreira na que non se atopou agusto en ningun momento, pero que para nada ensombrece a gran temporada que esta a realizar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario