13 ene 2020

SAUL LOPEZ 6º ELITE NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CX EN PONTEVEDRA








Saul Lopez puña nos Campionatos de España de Ciclocross de  Pontevedra o colofón a unha gran temporada, con un extraordinario 6º posto pelexado ata o final con nada menos que David Valero. Gran carreira de Saul, que despois dunha non moi boa saída remontaba ata finalizar 6º.
En Feminas Junior, _Noela Saa ,que corria mermada fisicamente por enfermidade, era 7ª na mentras que Aida Gonzalez era 17ª.
Entre os rapazes Juniors,  moi ben Martín González que finalizaba 13º cando partia casi dende o final da grella de saída. Marco Nube era 26º , tamén nunha moi boa carreira , na que un par de percances mecánicos impedironlle entrar nun top 15. Ben tamén Brais Fernández que finalizaba 42º.
En Cadetes , Sarela Conde era 18º, nunha moi interesante carreira na que tomaban parte 50 corredoras , o que e unha moi boa sinal para un deporte como o Ciclocross, que conta cada vez con participacións mais elevadas nas grellas femeninas.
Hugo Álvarez era 47º en Cadetes e Breogan Pérez o 90º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario