11 oct 2017

EMPEZOU UNHA NOVA TEMPORADA DE CICLOCROSS COA COPA DE GALICIA DE MARIN CON VICTORIA E PODIUMS



Ivan Feijoo e Roman Saa subian o podium na categoria de Sub 23 na primeira proba da Copa de Galicia de Ciclocross celebrada en Marín e que abría a temporada galega de Ciclocross. Ivan , nunha carreira con alguns percances lograba ser 2º en sub23, na sua primeira carreira na categoria, e tamén na absoluta. Roman entraba en meta como 3º Sub23, nunha gran carreira. Raul Gonzalez era 5º Sub23.
En Feminas Cadete, Noela Saa era 1º e polo tanto situabase lider do Open nesa categoría. Aida Gonzalez era 4ª
En Cadetes , Marco Nube era 4º, na mentras que Martin Gonzalez 7º e Brais Fernandez 12º na súa estrea na categoria. En Junior, Hugo Vazquez era 8º, na sua primeira carreira como junior. En Feminas Junior Antia Martinez era 7ª.
Asi pois bo balance na primeria carreira da temporada de Ciclocross.

No hay comentarios:

Publicar un comentario