17 ene 2017

O XEO TRAICIONA A IVAN NA COPA DO MUNDO DE FIUGGI


Este fin de seman, disputabase a proba da Copa do Mundo de Fiuggi, en Italia, e na que participaba o noso corredor Ivan Feijoo, que se estreaba como flamante Campion de España Junior. O circuito presentabase moi complicado, sobre todo a hora na que se celebraba a carreira junior, xa que estaba totalmente conxelado e con placas de xeo. Era de preveer que iban haber caidas e asi foi. Ivan partia na posicion 8, na primeira liña de saida. Facia unha boa saida, pero apenas cando non iban mais de 2 min de carreira, e rodaba entorno o posto 10º, sufria unha caida nunha zona de xeo. Levantabase , pero tardaba en arrancar de novo, co que perdia bastante tempo, quedando totalmente fora de carreira. A apartir de ahi , a carreira para el foi outra moi distinta, tratando de aprender a moverse en este tipo de terreo, moi complicado, e rematando na posicion 34. As expectativas de saida eran facelo moito millor, pero esta caida marcou o resto da carreira. A vindeira cita, o proximo finde na Copa do Mundo de Hoogerheide.

No hay comentarios:

Publicar un comentario