7 nov 2016

TRIPLE VICTORIA NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS DE KARRANTZA!!






Nunha xornada historica para o Ciclocross macedán, os rapazes e rapazas do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR acadaban ata 3 victorias en medio do barrizal non que se convertiu o circuito de Karrantza. En juniors, Ivan Feijoo, selaba unha grandisima carreira, vencendo ao catalan Jofre Cullel. Ivan que sufria un percanze ao pouco da saida, perdendo posicions, e tendo que remontar. E remontaba, e de que xeito, volta a volta recortando segundos a cabeza de carreira, e dando caza a Cullel na ulitma volta, eso si, favorecido por unha averia del catalan.  Ivan marcaba volta rapida en cada paso por meta. En Cadetes, Carlos Canal , acadaba unha importante victoria, e lograba superar por primeira vez, o actual campión de España , Gonzalo Iguanzo. Carlos ,adaptabase perfectamente o barro de Karrantza , e impuñase nunha emocionante carreira. En feminas cadete, a que se adaptaba as mil maravillas era Aida, que con gran soltura enriba da bici, iba remontando posicions, ata situarse como primeira e levarse unha bonita victoria. Noela Saa , era 5ª ,e Antia Martinez 7ª, situandose as 3 entre as 7 primeiras.
Destacar tamen os cadetes  Marco Nube, 15º , sumando o seu primeiro punto na Copa, e Hugo Vazquez o 28º . Xiana Conde era a 26º entre as feminas, e Roman Saa tiña que abandonar por pinchazo. Asi pois unha xornada para enmarcar e lembrar a vivida en terras do val de Karrantza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario