30 ago 2016

"LA VUELTA" SAIU DE MACEDA... UN SOÑO CUMPRIDO !!!!!





O 26 de agosto de 2016 convertiase nunha data que pasara a historia, non so do ciclismo de Maceda, si non que tamen de todo o pobo de Maceda. En 71 edicions, nunca antes tiña pasado un acontecimiento deportivo de maximo nivel mundial , como La Vuelta a España por Maceda. E foi un 26 de agosto, cando a 7ª etapa , partia de Maceda. Pisaban asi , as ruas de Maceda, ciclistas como Contador, Frome, Valverde, Quintana.... e moitos outros, A zona de saida que se situaba no entorno das piscinas municipais. Para un clube fundado alo polo ano 1969 , que casi esta a piques de chegar os 50 anos de historia , e que nos ulitmos anos esta de novo con unha actividade intensa e centrada no traballo ca canteira do ciclismo, a chegada de La Vuelta constituiu un bonito premio, e sobor de todo un importante recoñecemento a toda a actividade do Clube e da sua Escola de Ciclismo . Sen dubida , que a eleccion de Maceda como punto de partida dunha das etapas, veu moi marcada pola actividade e logros do noso Clube. E asi , foron os rapazes e rapazas do noso clube e Escola , os autenticos protagonistas nese dia, grazas a colaboracion da organización de La Vuelta, que en todo momento quixo que os nenos e nenas estiveran en primeira liña disfrutando ao lado dos seus idolos. A bo seguro nunca esqueceran , este dia, e todo o vivido nel. Seguro que moitos deles sintiranse un pouco mais ciclistas dende ese dia. A bo seguro , que tamen disfrutarian deste dia, toda a xente que ao longo da historia do CC Maceda, teñan pasado polo clube, xente como Cesareo, Claudio, Goyo, Amalita.... e moitos outros. Para o recordo quedaran centos e centos de fotos, as caras de ledicia dos rapazes e moitas, anecdotas....

No hay comentarios:

Publicar un comentario