20 jun 2016
MARCOS VILLAR , IVAN FEIJOO, ANTIA MARTINEZ E CARLOS CANAL CAMPIONS DE GALICIA BTT XCO 2016
Este sábado, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MMR, conquistaba ata un total de 4 titulos nos Campionatos de Galicia de BTT XCo celebrados na localidade pontevedresa de Samieira (Poio). Puido ser algun mais de non ter pinchado Saul Lopez na ultima volta, cando marchaba con amplo marxe sobre os seus rivais. Pero como ben sabemos as carreiras acaban o cruzar a liña de meta, e Saul , ainda a pesar do pinchazo entrou en meta como Sub Campion de Galicia Elite. En Sub23. a sorpresa dabaa Marcos Villar, que se proclamaba Campion de Galicia, e deste xeito voltaba a obter anos despois, un novo titulo de campion de Galicia. Ivan Feijoo , en juniors, e Carlos Canal e Antia Martinez en cadetes, cumprian os pronosticos e facianse cos titulos nas suas categorias. Pero e que ademais para redondear unha xornada completa, Abel Franco se facia co subcampionato en juniors , e Roman Saa e Raul Gonzalez co bronce en juniors e Sub23 respectivamente.
Asi pois gran xornada para o noso clube nos Campionatos de Galicia BTT XCo 2016
http://www.fgalegaciclismo.es/sites/default/files/clasificaciones_finales_0.pdf
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario