6 jul 2015

PABLO RODRIGUEZ (MMR PRO TEAM) 5º NA COPA DO MUNDO DE LENZERHEIDE, E SITUASE 2º DA XERAL.


Pablo Rodriguez (MMR Pro Team) finalizaba 5º na 3ª proba da Copa do Mundo , despois de ter sufrido un pinchazo nun dos momentos mais inoportunos, o que lle fixo perder postos na sua loita pola victoria, salvando ao final a carreira , con un moi meritorio 5º posto final ,que o manten como 2º na xeral da Copa do Mundo. Pablo , que chegaba como lider a esta proba, mostrabase satisfeito o final co resultado obtido ,e sobre todo despois de ter sufrido o pinchazo. Deste xeito , Pablo sigue a manter todas as opcions de cara a Xeral final da Copa do Mundo. A victoria era para o seu maximo rival neste momento, o suizo Lars Foster, que deste xeito recuperaba o maillot blanco.  Na proba Elite, Jose Antonio Hermida, amosaba como a sua recuperacion vai por bo camiño ,finalizando 16º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario