30 mar 2015

VICTORIA DE IVAN FEIJOO (CADETE) , E SEGUNDO POSTO DE BRAIS SENDIN (JUNIOR9 NO SUPERPRESTIGIO MTB DE ESTELLA



O ACADEMIA POSTAL-ACTYON voltaba a amosar un gran nivel nunha proba das importantes a nivel estatal, esta vez na proba do SUPERPRESTIGIO MTB CAJA RURAL de Estella (Navarra), a onde acudian os millores corredores a nivel estatal.
Na carreira de cadetes, Ivan Feijoo, lograba a victoria, nunha gran carreira na que aventaxaba na meta en casi minuto e medio o segundo clasificado. Deste xeito Ivan continua coa sua gran tempada. O seu compañeiro de equipo, Abel Franco , era 12º , tamen realizando unha moi boa carreira. En Juniors, proba do calendario UCI, Brais Sendin, era 2º , despois de ter loitado toda a proba pola victoria, liderando a mesma durante unha boa parte , e solo sendo superado na liña de meta polo rumano Vlads Dascalu. Deste xeito , Brais Sendin, vaise situando entre os millores especialistas a nivel estatal. Roman Saa era o 21º na mesma categoria. En Feminas Junior Xiana Conde era a 6ª . Na carreira Elite Sub 23, Raul Gonzalez era o 43, 12 Sub 23.

No hay comentarios:

Publicar un comentario