12 ene 2015
IVAN FEIJOO SUBCAMPION DE ESPAÑA DE CICLOCROSS CADETE E SAUL LOPEZ 5º EN SUB23
Ivan Feijoo, conqueria o subcampionato de España de Ciclocross Cadete, este domingo ,no parque de Los Pericones en Gijon, nunha maña moi intensa, con choiva e moito moito barro, o que marcou o desenlace de todas as probas. Nunha carreira moi intensa, condicionada polo barro, o que provocaba numerosas caidas e resbalons, das que Ivan non se libraba, a loita centrouse entre Ivan e o catalan Jofrep Cullel, decantouse o final polo catalan, que entraba como vencedor. Ivan pecha asi una grandisima temporada, na que ademais deste subcampionato, gañou a Copa de España, e o Campionato de Galicia. O outro cadete, Abel Franco, non tivo o seu millor dia no barro, e remataba o 27º despois de ter sufrido varios percances. En Sub23 , Saul Lopez , realizaba unha carreira espectacular, e remataba 5º despois de estar pelexando durante toda a carreira por un posto no caixon. Saul, quedaba moi perto do podium, amosando un gran nivel, diante de rivais moi dificiles. Raul Gonzalez, finalizaba o 17º despois de duas roturas de patilla na sua bici, cando marchaba nun extraordinario 8º posto e estaba a realizar unha gran carreira. En Juniors , Roman Saa ,debia retirarse , debido a unha caida. O sabado, Xiana Conde era a 11ª entre as Junior. Na carreira de Elite ,Jose Antonio Hermida, era o 3º , despois de ter saido nas ultimas posicions, nunha carreira na que vencia Aitor Hernandez e Javier R. Larrinaga era 2º
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario