4 dic 2014

VICTORIA DE IVAN EN DUMBRIA E PODIUMS DE ABEL, XIANA E MARCO





Este sabado a cita era en Dumbria , nunha nova proba do calendario galego de ciclocross. En cadetes ,Ivan Feijoo, voltaba a vencer, e sumar unha victoria con autoridade, marcando xa o ritmo dende a primeira volta. O seu compañeiro Abel Franco, era 3º en meta, e subia ao podium por primeira vez nunha carreira de Ciclocross, despois de ter realizado unha gran carreira. En Feminas, Xiana Conde, era 3ª en Junior. Na carreira de Elite, Sub 23, Raul Gonazalez , realizaba, outra vez mais, unha moi boa carreira e entraba en meta 5º na xeral absoluta e 2º Sub23. Na proba de infantis, Marco Nube , na sua primeira experiencia enriba dunha bici de ciclocross era 2º. Completaban a xoranda as carreiras de Master, con Xulio 5º en M40 e Jose Manuel 5º en Master 50. Asi pois moi bo balance.

No hay comentarios:

Publicar un comentario