20 oct 2014

XIANA CONDE 2ª JUNIOR EN VILLARCAYO. RAUL GONZALEZ 4º SUB23, 3º NA XERAL FINAL




Na maña do domingo, disputabase ne Villarcayo ,a segunda das citas do fin de seman en terras burgalesas. Unha xornada marcada ao igual que o dia anterior, pola calor, nun circuito seco e rapido.
En Cadetes, Abel Franco, cando rodaba xa cerca dos 10 primeiros sufria unha caida que lle condicionaba toda a carreira ao danar a cala da zapatilla. ao final 28º. En junior, Xiana realizaba unha extraordinaria carreira, finalizando 2ª . Deste xeito Xiana voltaba ao podium nunha proba a nivel estatal, reafirmando o bo inicio de temporada que esta a facer. Xiana, que non saia moi ben remontaba volta a volta, entrando en meta 2ª detras da tamén galega Desiree Duarte. En Elite Sub 23, Raul Gonzalez voltaba a realizar unha gran carreira entrando en meta, 4º Sub23, e chegando ao sprint co 3º clasificado. Na xeral final do circuito Deputacion de Burgos, Raul era o 3º , estreandose asi nun podium como Sub23.

No hay comentarios:

Publicar un comentario