11 abr 2014
IVAN FEIJOO 6º EN CADETES NA COPA DE ESPAÑA DE JEREZ
Este fin de seman celebrabase en Jerez a segunda cita da Copa de España Cofidis XC, nun fin de seman marcado pola calor. A cita, arrancaba na tarde do sabado coa proba do Elimineitor polas ruas do centro de Jerez, presenciado por moito público. Os corredores do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, estiveron a un gran nivel, asi Eva Alvarez, entraba 7ª na proba de feminas, Ivan Feijoo, ocupaba a mesma posicion na proba de Cadetes, e Saul Lopez era o 29º na proba raiña , a dos Elite Pro.
Na matinal do domingo , celebrabase a proba de rali, no parque de Estella del Marques. As 10 arrancaban as probas de feminas e cadetes. Eva Alvarez, era a 15º entre as feminas. En cadetes , o noso representante era Ivan Feijoo, que acudia por primeira vez a unha proba da Copa de España XCO . E sufria unha forte caida a escasos 100 m da saída. Pero a persares do golpe, continou en carreira, e volta a volta foi remontando para entrar en meta en 6º posto , a escaso minuto do podium, realizando asi pois, unha gran carreira. En Elite Pro, Saul Lopez era o 35º. Saul , pagaba posiblemente a calor, xa que 4 primeiras voltas, chegaba a rodar no posto 19º , pelexando polo podium en Sub23. Nas 2 ultimas voltas ,entraba en crisis e perdia varias posicions. Na proba o macedan do MMR PRO TEAM, Pablo Rodriguez, entraba en meta 3º, 1º Sub 23, realizando unha gran carreira.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario