20 mar 2014

SAUL LOPEZ 9º SUB23 NO OPEN DE ESPAÑA COFIDIS DE VALLADOLID


Este fin de seman comezaba en Valladolid o OPEN DE ESPAÑA DE BTT XCO -COFIDIS, con duas probas, o sabado a contrareloxo individual e o domingo a proba de rali. 
A cita acudian SAUL LOPEZ, EVA ALVAREZ E XIANA CONDE.  
Na contrareloxo, SAUL LOPEZ finalizaba 18º entre os Sub23 e EVA ALVAREZ A 10ª entre as feminas elite. Na mantinal do domingo ,chegaba a proba importante a de rali. As 10 da maña deberian sair as feminas e as 12 os Elite, pero unha protesta realizada por todas as chichas, en desacordo como son tratadas no orden de saida nas carreira a pesar de ser a carreira de Valladolid unha carreira UCI. Ao final , a sua carreira , celebrouse as 12 horas.
O circuito, resultou ser moi moi duro, sobre todo para as categorias inferiores, facendose as carreiras moi longas.
SAUL LOPEZ, que saia dende as ultimas posicions da grella de saida, con mais de 130 corredores, realizaba unha gran carreira , remontando volta a volta e entrando en meta no posto 29º , sendo o 9º entre os sub23, o que e un gran resultado e mais si temos en conta que foi o 5º sub23 español. Na proba vencia na categoria Sub23, o macedán PABLO RODRIGUEZ , corredor do MMR bike pro team. 
EVA ALVAREZ, era a 14º na carreira de ELITE, xa que a pesares de ser unha corredora Sub23, na categoria de feminas ,non hai clasificacion de sub 23, so recoñecendose en podium a vencedora da categoria.
XIANA CONDE entraba en meta a 9ª en JUNIOR, con un forte golpe na clavicula que a vai obrigar a estar parada durante un tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario