27 ene 2014
EVA ALVAREZ 2º NA III RESISTENCIA LIMIANA EN PORTUGAL
Arrancou a temporada de BTT coa participación de Eva Alvarez na proba de III Resistencia Limia, en Ponte de Lima , na veciña Portugal. Eva, que se estreaba na categoria de Sub23, realizou unha gran carreira e rematando en 2ª posicion, e amosando un bo nivel , nesta sua primeira carreira da tempada. Tratabase dunha proba de resistencia , nos que os participantes debian dar o maximo numero de voltas a un circuito de 7 km no tempo de 3h, completando Eva un total de 8 voltas, quedando a moi pouco de completar as 9 voltas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario