30 dic 2013

IVAN FEIJOO CAMPION DE GALICIA CADETE DE CICLOCROSS

SAUL 3º SUB23, RAUL 3º JUNIOR, XIANA 2ª JUNIOR E J. MANUEL 3º M5O TAMEN SUBIRON O PODIUM NO CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLOCROSS









Este domingo celebraronse na localidade de Dumbria os campionatos de Galicia de Ciclocross 2013, e a colleita non poido se millor para os nos@s corredores/as, pechando asi un gran ano. Asi en Cadetes, IVAN FEIJOO refrendaba a sua gran tempada, neste seu primeiro ano como cadete, no que leva vencido en todas as carreiras nas que ten participado en Galicia, e gañaba con total autoridade e proclamabase Campión de Galicia. Na mesma categoría, ROMAN SAA , era 6º, nunha xornada na que os nervios o traicionaban, pero que non pode empañar a gran tempada que esta a realizar. En juniors, RAUL GONZALEZ subia o podium , sendo 3º nunha carreira moi disputada e apretada, e na que tivo que pelexar ata o final polo 3º posto. XIANA CONDE, era 2ª , nun dia no que os problemas fisicos a limitaron. Outro dos protagonistas foi SAUL LOPEZ, que finalizaba 3º na dificil categoria de Sub 23 , despois de realizar unha gran carreira, e na que vencia o macedán e actual Campión de España de BTT,  Pablo Rodriguez. O ultimo podium chegaba en M50 con J.MANUEL no 3º posto. Xulio Conde quedaba as portas do podium en M40, rematando 4º e Antonio Saa 17º. Asi pois un gran dia para os nosos corredores...


No hay comentarios:

Publicar un comentario