27 jul 2013

EVA 17 NA COPA DO MUNDO DE VALLNORD



A corredora junior e flamante campiona de España de BTT XC , ven de participar coa seleccion española na Copa do Mundo de Vallnord (Andorra), o que constituia a sua primeira participacion nunha proba deste nivel. Eva , que realizaba unha boa carreira remataba a 17º na sua primeira experiencia internacional.

19 jul 2013

EVA ALVAREZ CAMPIONA DE ESPAÑA JUNIOR DE BTT XC!!!!!!!!!!







A nosa corredora junior, Eva Alvarez ven de proclamarse brillantemente CAMPIONA DE ESPAÑA DE BTT XC , na localidade de Panticosa, nunha proba que domiñou claramente dende o principio, chegando a meta con unha ventaxe comoda. Eva, que estaba a realizar unha gran temporada, colleita asi un titulo importante , como e o de Campiona de España . A xornada voltou a ser inesquecible para o noso clube, xa que na mesma xornada, o corredor macedán , formado na nosa Escola JA Hermida, e hoxe no equipo frances BH SUNTOUR, gañaba por segundo ano consecutivo o campionato de España Sub 23, amosando que e un dos millores bikers de España. Tamén o "noso" Hermida proclamabase campion de España Elite, redondeando a xornada. Destacar tamen a gran carreira de Marcos Villar, que voltaba a estar entre os millores a nivel estatal, despois dun duro ano de recuperacion e entraba 7º despois dunha gran remontada. Na mesma proba, o seu compañeiro de equipo, Raul Gonzalez, no seu primeiro ano como junior remataba o 27º. Pena da averia sufrida por Saul Lopez , na carreira de Sub 23, cando despois dunha gran saida dende atrás, remontaba e xa estaba rodando entre os millores, pero a averia afastouno da proba.
Asi pois gran xornada e grandes campionatos de España para os nosos corredores, coa medalla por equipos para Marcos e o titulo de Campiona de España para Eva, formando parte dun combinado galego que codirixia Xulio Conde...... NORABOA!!!

18 jul 2013

GALICIA SUBCAMPIONA DE ESPAÑA DE TEAM RELAY EN PANTICOSA

Marcos Villar e Pablo Rodriguez formaban parte do combinado galego.



A seleccion galega vense de proclamar subcampiona de España de Team Relay , na proba celebrada este venres nos Campionatos de España de BTT XC, na localidade oscense de Panticosa. A seleccion galega que contaba entre os seus integrantes , con dous macedans, o corredor do BH SUNTOUR , Pablo Rodriguez, e o corredor do nosos equipo Marcos Villar, estivo en todo momento pelexando polas medallas e o final foi 2ª detras de Andalucia e diante de Murcia.

16 jul 2013

EVA, MARCOS, RAUL E SAUL CONVOCADOS PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA BTT XC


Os corredores Junior Marcos Villar Perez e Raul Gonzalez, a Junior, Eva Alvarez e o Sub 23 Saul Lopez, veñen de ser seleccionados pola Selección de Galicia, para participar este fin de semán nos Campionatos de España de BTT na localidade oscense de Panticosa. Reseñar que a seleccion Galega estara co dirixida por Xulio Conde, co que a representación macedana vai ser ampla nestes campionatos. Ademais estara tamén o macedan do BH SUNTOUR , Pablo Rodriguez

15 jul 2013

MARCOS VILLAR E EVA ALVAREZ , CAMPIONS GALEGOS DE BTT XC

XIANA CONDE 2º EN FEM. CADETE  E SAUL LOPEZ 3º EN SUB23


Onte celebraronse na localidade pontevedresa de Gondomar, e organizados polo Biciverde, os Campionatos Galegos de BTT XC, nun circuito duro, de autentico BTT o dixeñado pola xente do Biciverde para a ocasion, e o que os corredores/as do CC Maceda, semellaban adaptarse perfectamente, vendo os resultados obtidos.
O junior MARCOS VILLAR, vencia con absoluta autoridade, na súa categoria, nunha carreira na que dominaba dende a saída e na que ademais rodaba a un gran nivel, amosando  que xa se atopa totalmente recuperado das lesions que o ano pasado lle impediran apenas competir. Pena da averia do seu compañeiro , RAUL GONZALEZ que partia con grandes opcions de podium. A tamén junior, EVA ALVAREZ, támen vencia con autoridade, e con un amplo marxen, e sumaba un titulo mais na sua gran traxectoria.
En Feminas Cadete, XIANA CONDE , era 2ª , e polo tanto subcampiona galega.
Na carreira de Elite Sub23, SAUL LOPEZ, era 3º clasificado , realizando unha gran carreira , nunha proba na que vencía o macedán PABLO RODRIGUEZ. Pena da caida sufrida , por Saul , nos primeiros momentos da carreira , e que o retrasaron de saida, lastrandoo durante a carreira. Pero ainda asi, Saul amosaba un gran nivel.
Asi pois, gran xornada para os/as integrantes do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA , nestes campionatos galegos, nos que foron o equipo mais laureado, e que pon un broche final a unha gran tempada de BTT , a nivel galego. Agora so restan os Campionatos de España de BTT XC e a copa do Mundo de Vallnord.
Clasificacions completas:
 http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1201_1_CATgeneral.pdf

9 jul 2013

IVAN FEIJOO E AIDA GONZALEZ VENCEN NO MINI BTT DE SANXENXO




Nunha xornada polo moito calor , celebrouse en Sanxenxo unha nova edicion do Mini BTT de Sanxenxo , organizada polo CC Corbelo. Os rapazes/as da Escola de Ciclismo JA Hermida, estiveron , como e habitual neles, a un gran nivel, e colleitaron varios podiums e victorias. Destacar as victorias de Ivan Feijoo (Infantis) e Aida Gonzalez (Alevins Feminas) , asi como o 2º posto de Breogan Diz en Principiantes , acompañado no podium do seu compañerio , Martin Gonzalez.3º.  Noela Saa era a 3º en Alevin Feminas.  E para rematar a xornada, xornada de praia con todos eles.

8 jul 2013

PABLO RODRIGUEZ E LUCIA VAZQUEZ VENCEN NO V BTT DE MACEDA

O ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA LEVASE A XERAL DO OPEN DE GALICIA POR EQUIPOS. EVA E XIANA GAÑAN A XERAL EN JUNIORS E CADETES.





O macedán, corredor do BH SUNTOUR Pablo Rodriguez, e actual campion de España Sub23, e a corredora do VICMA ,Lucia Vazquez, actual subcampiona de España Elite, resultaron vencedores do V BTT de Maceda, ulitma proba puntuable para o Open de Galicia Norbrok  de BTT XC 2013. Ambos corredores , cumplian os pronosticos, e facianse coa victoria nas categorias Masculina e Femenina, nunha xornada, na que o fuerte calor , facia mais duras as carreiras.
Na carreira de Elite ademais de Pablo, subian o podium, Mauro Gonzalez (CC Salvaterra) e 3º o local Saul Lopez (ACTYON -AC POSTAL) , que realizaba unha gran carreira despois dun mes alonxado das competicions por unha caida.
En Junior, os locales Marcos Villar e Raul Gonzalez , facian doblete. En junior feminas, vencia a tamen local, Eva Alvarez (ACTYON-AC.POSTAL). En Cadetes, o vencedor era o corredor da Escola de Ciclismo de Redondela, Brais. En Cadetes Feminas vencia, a tamen local Xiana Conde (ACTYON-ACADEMIA POSTAL). En Master 30 o vencedor era Alex Trasbach (Cycling Racing Team). En Master 40 vencia Toño Rivas (CC Monforte) co local Xulio Conde 3º . En Master 40 vencia Antonio Gonzalez (CC Salvaterra) co local Jose Manuel Gonzalez como 3º.
En canto a Xeral final do Open Galego, as corredoras Eva Alvarez e Xiana Conde facianse ca victoria final nas categorias de Junior e Cadetes, respectivamente.
Tamén destacar que o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, faciase ca victoria final do Open na clasificacion por equipos.

Asi pois , gran xornada para o clube local, tanto a nivel de resultados, con victorias importantes tanto na proba como na xeral do Open, como a nivel organizativo, xa que a proba resultou ser unha festa do BTT.

3 jul 2013

V BTT DE MACEDA, O SABADO 6 DE XULLO


HORARIOS:
17:00 Juniors, Cadetes , Feminas, Master 40-50
18:30 Elite Sub23, Senior e Master 30

Podedes ver o perfil do circuito neste enlace:
http://connect.garmin.com/activity/193731753

Lembraros que e o mesmo circuito, no que o ano pasado se disputou o Campionato Galego de BTT XC.

1 jul 2013

EVA ALVAREZ VENCE NO OPEN DE ESPAÑA DE BTT XC DE AVILES


A corredora junior EVA ALVAREZ, venceu na proba do OPEN DE ESPAÑA BTT XC  de Aviles nunha proba na que venceu con absoluta claridade, e que dominou dende o principio. Deste xeito , Eva , sumaba a sua segunda victoria neste Open 2013, finalizando 2ª na xeral do Open , e non tendo acadado a victoria final na Xeral, pola caida na primeria das probas puntuables, que lle obrigou a retirada e polo tanto non puntuou. Tamen tivo unha actuacion moi destacada, o junior RAUL GONZALEZ , que finalizaba 12º moi cerca do Top Ten e realizando unha gran carreira e amosando moi boas sensacion cos de cara as vindeiras citas. Xiana Conde, era 8ª en Feminas Cadetes. En Master 50 Jose Manuel era 4º e en Master 40 Xulio Conde 8º. Asi pois ,bo peche de Open, para o noso clube con unha nova victoria no Open.