18 sept 2011

I MINI BTT CIDADE DE VIGO


Hoxe pola mañan celebrouse no en Vigo e no céntrico parque de Castrelos , organizado pola Fundación Oscar Pereiro, o I MINIBTT CIDADE DE VIGO, con unha importante participación e moito publico. Os corredores e corredoras da Escola JA Hermida, do noso clube cumpliron , e voltaron a Maceda despois de ter colleitado un bo numero de podiuns. Asi Desi venceu en Infantis, con Xiana 3, Roman era 9º; Ivan Feijoo, sumaba unha victoria máis na categoria de Alevins, na mentras que Aron Lopez era 15º e Manuel Souto 23º. En Principiantes ,Aida era 1ª , Antia 3ª e Noela 5ª, na mentras que Hugo remataba 12º entre os rapazes e Alfredo 30º; en promesas , Martin e Breogan subian o podium como 2º e 3º, sendo Pablo Hermida 5º. Hugo Gonzalez era 13º e o seu irman Noe 23º. Aixa era 7ª entre as rapazas despois de ter caido na primeira manga. Asi pois outra boa xornada na que a participación foi moi numerosa, xa que 153 rapazes e rapazas participaron na proba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario