19 dic 2010

PABLO RODRIGUEZ 16º EN KALMTHOUT


Pablo Rodriguez ven de repetir o 16º lugar que xa acadara na anterior proba da copa do Mundo de CX, pero esta vez na localidade Belga de Kalmthout, nun circuito totalamente nevado, e con xeo que lembraba ao mundia do ano pasado en Tabor. Pablo realizou unha gran carreira , xa que tan so 14'' o separaron do top ten , e 53'' do vencedor e actual lider da copa do Mundo , o belga Sweeck, que repetía victoria. Pablo , adaptouse perfectamente as condicións do circuito, a pesar de non ter corrido apenas nestas condicións, sempre rodando no segundo grupo, o que iba do 8º ao 17º. O tempo marcou a carreira, xa que as continuas nevadas, e as temperaturas baixo cero marcaron a carreira. Pero tal é a pasión que o ciclocross levanta en Belxica, que apesar de elo, o circuito estaba cheo de público, sendo miles de persoas as que presenciaron a proba Elite despois de ter que pagar 15 € de entrada ,e no medio dunha intensa nevada.

Deste xeito Pablo volta a Maceda satisfeito polo resultado acadado , que lle permite seguir entre os primeiros da Copa do Mundo. O outro corredor español, que toma presencia na proba junior era o cantabro , Kevin Suarez, que remataba 41º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario