28 jul 2026

MARCOS RODRIGUEZ CONVOCADO COA SELECCION ESPAÑOLA PARA OS CAMPIONATOS DE EUROPA DE MONTECENERI


Marcos Rodriguez , ven de ser convocado, pola Seleccion de España para os vindeiros Campionatos de Europa, que se celebran na localidade Suiza de Monteceneri, o primeiro fin de seman de Agosto. Marcos , que xa acudira coa Seleccion de España a UCI JUNIORS SERIES, volta a ser convocado pola Seleccion, esta vez para un Campionato , despois de proclamarse flamante Subcampion de España. 

Xunto con Marcos , formará parte da Seleccion, Alejandro Garcia , hoxe no Mondraker Racing Team, e excorredor do noso clube

22 jul 2026

VISITA A TELEMIÑO



Os nosos rapazes a acudia a Telemiño , por mor da medalla obtida por Marcos Rodriguez nos Campionato de España , e tamen pola organizacion do proximo Mini BTT de Maceda

20 jul 2026

MARCOS RODRIGUEZ SUBCAMPION DE ESPAÑA JUNIOR DE BTT XCO







Gran carreira de Marcos Rodriguez , que acadaba o Subcampionato de España de XCO , na categoria Junior, detras de Benjamin Noval. Marcos que era o unico que aguantaba o forte ritmo imposto por Benjamin Noval, na primeira volta, o que lle valia para lanzar a carreira e abrir un oco que manteria en toda a carreira , para entrar en meta segundo . Importante medalla para o noso clube. 

Saul Lopez, debia abandonar por pinchazo na primeira volta. 

19 jul 2026

O CC MACEDA GALARDONADO NOS PREMIOS INSUA DOS POETAS





 O noso clube recibia o recoñecemento polo uso do Galego no Deporte, nos premios Insua dos Poetas, un galardon que nos orgullece e que nos chega do mundo da cultura . O premio era recollido na XVIII Festa da Palabra . 

13 jul 2026

MINI BTT DE ARMENTEIRA




Unha xornada mais de MIni BTT, esta vez en Armenteira . De novo , boa actuacion da nosa Escola



 

6 jul 2026

MINI BTT DE NOIA

 




Dia de calor no Mini BTT de Noia, con moi boa actuacion dos nosos nenos e nenas. 


1 jul 2026

MARCOS RODRIGUEZ 20º NA UCI JUNIORS SERIES DE DAVOS (SUIZA)

 




Marcos Rodriguez tomaba parte este domingo na Uci Juniors Series de Davos , en Suiza, finalizando nun moi meritorio 20º posto, e mais tendo en conta o gran nivel que habia na proba. Marcos que se veia metido nun embotellamiento na entrada dunha senda na 1ª volta, perdendo postos , e alonxandoselle os grupos de cabeza. A partir de ahi loitaba por entrar entre os 20 primeiros , acadando o obxectivo o final 

Circuito moi duro polo desnivel acumulado e pola calor e altitude.