20 jun 2017
BREOGAN DIZ 2º NA PROBA DE ESCOLAS DE CANGAS E PODIUMS NO MINI BTT DE POIO
Sábado intenso para as Escolas de Ciclismo, con competición de Mini BTT en Poio, proba na que participaban máis de 20 rapazas e rapazas da Escola, e na que tres deles subían o podium. Asi Breogan Perez era 4º en Alevins, acadando o seu primeiro poidum. En Principiantes subían o podium , Sara Álvarez e Iris Fernández.
VICTORIA DE IVAN FEIJOO NO OPEN GALEGO XCO DE OROSO, E PODIUMS PARA SAUL, RAUL , AIDA, E NOELA
Ivan Feijoo vencía na categoría junior , na proba do Open de Galicia XCO de Oroso, nunha xornada marcada pola moita calor. Ademais de Ivan, o ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MMR , sumaba varios podiums, con Saul López, que era 3º en Elite, Raul Gonzalez , 2º en Sub23, Aida Gonzalez 2ª en Feminas Cadete, e Noela Saa 3ª na mesma categoría. Con ester resultados , tanto Raul Gonzalez e Noela Saa continuan de lideres nas súas respectivas categorías.
18 jun 2017
VICTORIA DE CARLOS CANAL, EN CADETES , NA TAÇA DE PORTUGAL XCO DE JAMOR
Carlos Canal sumaba este domingo unha victoria máis na Taça de Portugal, na proba de Jamor, en Lisboa. Carlos, nun dia extremadamente caluroso, acadaba unha boa renda na liña de meta, superando e 2:21 o segundo corredor cadete. Con esta victoria, Carlos , continua lider da xeral da Taça de Portugal , na categoría cadete a falta dunha proba. Lembrar que Carlos leva sumado 4 victorias en 4 probas.
13 jun 2017
SABADO DE ESCOLAS CO MINI BTT EN MARIN E ESTRADA EN VIVEIRO.
Sabado de Escolas, con carreira de Mini BTT en Marin e de Estrada en Viveiro. En Marin, casi unha veintena de rapazes e rapazas do Escola tomaron parte na proba. Tanto Breogan Perez, como Sarela Conde quedaron as portas do podium nas suas respectivas categorias. Destacar o bo nivel de todos eles.
En Viveiro, o mais destacable foi o 8º posto de Martin Gonzalez . Breogan Diz, moi batallador durante a carreira, cedia o final e entraba en meta 11º.
IVAN FEIJOO NON TIÑA O SEU MILLOR DIA NA UCI JUNIOR SERIES DE GRÄNICHEN (SUIZA)
Ivan Feijoo, acudía este fin de semán a localidade Suiza de Gränichen, para participar na proba da UCI Junior Series. E non lle foi ben a Ivan , quen nunha xornada moi calurosa, e nun circuito duro, Ivan non tiña o seu millor día, e xa dende o principio transmitia que as sensacións non eran nada boas. Notouselle a dura semán de selectivo. Ivan remataba no posto 69, mi lonxe dos postos nos que acostuma a estar, na extraordinaria temporada que esta a realizar.
Unha vez , xa acabado o curso académico, agora, tocalle proseguir a preparación de cara as vindeiras citas importantes , como son os Campionatos de España, que estan xa a un mes vista.
12 jun 2017
VICTORIAS DE CARLOS CANAL E NOELA SAA, EN CADETES, NO OPEN DE GALICIA XCO DE MARIN
Carlos Canal e Noela Saa, ambos en cadetes, sumaban unha victoria mais nesta exitosa temporada, na proba do Open de Galicia XCO en Marin. En categoria cadete, ademais de Carlos , Marco Nube, subia ao podium como 3º clasificado. Na mentras , que Hugo Vazquez era 4º. En feminas, Aida Gonzalez acompañaba no podium a Noela Saa, como 3ª, e Antia Martinez era 4ª . En juniors, Abel Franco era 2º, ao igual que Raul Gonzalez en Sub23. Con estes resultados, tanto Noela Saa (Cadetes) como Raul Gonzalez (Sub23) siguen como lideres do Open de Galicia
Fotos: Luz Maria Iglesias
5 jun 2017
PODIUMS PARA MARTIN GONZALEZ E SARA ALVAREZ NO MINI BTT DE CAMBADOS
Un total de 25 rapazes e rapazas da Escola JA Hermida, desprazaronse ata Cambados para participar no Mini BTT, organizado polo CC Corbelo. Nunha xornada de festa na que participaron mais de 200 nenos e nenas, os nosos sumaron algun podium, con Martin Gonzalez como 3º en Infantil e Sara Alvarez, 2ª en Principiantes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














