24 oct 2013
XIANA 7ª E RAUL 14º NO CX DE VILLARCAYO
Este domingo, 20 de Outubro, celebrouse en Villarcayo unha nova edicion do xa clasico Ciclocross de Villarcayo, unha das millores probas do calendario estatal de ciclocross, e a que acuden os millores especialistas de todo o estado. O dia presentabase sin choiva e o circuito, rapido e seco. Acudiamos con 4 corredores/as . Os resultados , foron bos, dentro do esperado. Asi Xiana Conde, era 7ª entre as feminas junior, realizando unha boa carreira, e millorando con respecto a anterior proba. En juniors, Raul Gonzalez era 14º , realizando tamen unah gran carreira, xa que partia das ultimas posicions... Asi pois bo balance, e a preaparar as seguintes citas, que seran xa en terras vascas, en Llodio e Muskiz, no primeiro fin de seman de novembro.
17 oct 2013
O SABADO 19, TODOS CON JOSE MANUEL JORGE!!!!
Este sábado 19, a partir das 15:30 horas, organizase en Verin , unha Marcha e unha Andaina en apoio ao xoven ciclista JOSE MANUEL JORGE, que sufriu un grave accidente cando iba en Bici , alo no mes de xullo e que se atopa recuperando das graves secuelas sufridas. Jose Manuel , pertenceu durante uns anos ao noso clube, e na actualidade estaba no BTT Chaves. Este evento pretende mostrar o apoio da xente a Jose Manuel e a sua familia nestes momentos tan complicados, tanto moral, como económico, para o que tamen esta aberta unha conta en La Caixa 2100-4148-23-2200113367 . Dende o noso Clube e Escola, animar a todos e todas as que poidan a participar neste evento organizado polo BTT Verin e apadrinado por Ruben Rios.
8 oct 2013
COMEZOU A COPA FEDERACION DE CICLOCROSS EN OVIEDO
Este domingo comezou en Oviedo oficialmente a temporada de Ciclocross, coa primeira proba puntuable para a Copa Federacion de Ciclocross, celebrada nunha maña calurosa na capital asturiana. En canto a nosa participacion, os resultados foron bos, tendo en conta o cambio de categoria de varios dos rapazes. Asi Ivan Feijoo, que corria a sua primeira carreira como Cadete, e tamen a sua primeira carreira de CX, realizaba unha boa carreira finalizando 14º. O seu compañeiro de categoria, Roman Saa , tamén nunha boa carreira , finalizaba 16º. En Juniors Xiana Conde, que tamén estreaba categoria finalizaba a 7ª. Raul Gonzalez era o 17º. En canto os master 40, Xulio era 19º, Antonio Saa o 42º e en master 50 Jose Manuel Gonzalez o 13º
Clasificacions completas:
http://cxperience.es/2013/wp-content/uploads/2013/10/ClasificacionesMMRCXperience2013.pdf
29º DIA DA BICI DE OURENSE
Bonito detalle por parte dos organizadores do 29º DIA DA BICI de OURENSE de convidar os rapazes e rapazas das Escolas do noso clube , a Escola JA Hermida, e a Escola O Pereiro de Aguiar , para abrir unha marcha polas ruas da capital ourensana, e na que participaron mais de 5.000 persoas. Os mais pequenos do clube, pasaron un bonito dia, disfrutando da marcha en favor do uso da bicicleta.
1 oct 2013
IVAN E AIDA VENCEN NO MINI BTT DE TUI NA DESPEDIDA DA TEMPORADA DE MINIBTT
Este fin de seman rematou a temporada 2013 de Mini BTT, coa proba celebrada en Tui e organizada pola Fundacion Oscar Pereiro, nunha xornada marcada pola intensa chuva e vento que houbo durante a proba, pero que non evitou que os mais pequenos disfrutaran... En canto aos resultados, destacar a victoria de IVAN FEIJOO, unha mais esta temporada, coa que se despedia da categoria infantil, xa que na temporada de Ciclocross que esta a piques de empezar, xa se estrenara como Cadete. En alevins, tamén vencia AIDA GONZALEZ, con NOELA SAA, en 2º lugar. En Principiantes, BREOGAN DIZ, era 2º e MARTIN GONZALEZ, 5º , despois da caida sufrida na segunda manga. En Prebenxamins, HUGO GONZALEZ era 5º. Tamen estiveron a gran nivel, AARON, MANUEL , DAVID e XACOBE en infantis, MARCO en alevins, ALEX en Principiantes, LUCAS, MAURO, UXIO e SARELA en Promesas. Noraboa a tod@s!!!
23 sept 2013
AIDA GONZALEZ, BREOGAN DIZ E IVAN FEIJON VENCEN NO MINI BTT DE MARIN
Onte domingo, e nunha xornada marcada polo intenso calor, no que se superaban os 35º a pesares de estar xa as portas do Outono, os xoves integrantes da Escola JA Hermida tiveron unha destacada actuacion na que sumaron un total de 7 podiums , entre eles 3 victorias, as de IVAN FEIJOO,(Infantis) AIDA GONZALEZ (Alevins) e BREOGAN DIZ (Principiantes) . Destacar tamen os 2º postos de NOELA SAA (Alevins) MARTIN GONZALEZ (Principiantes) e Xiana Conde (Cadetes) e o 5º de AARON GONZALEZ (Infantis). Asi pois, exitosa xornada para o noso clube, no que todos estiveron a un gran nivel nun dia de moito moito calor.
16 sept 2013
IVAN E AIDA VENCEN NO MINI BTT DE MOS
Este domingo celbrouse un novo MiniBTT, dentro desta tempada 2013, que xa esta a piques de rematar. A proba, celebrada en Mos, e organizada pola Fundacion Oscar Pereiro, contaba cunha importante participacion de rapazes e rapazas, como ven sendo xa habitual en cada proba de MiniBTT. Os nosos corredores , de novo ,tiveron unha destacada actuación colleitando ata 5 podiums, entre eles a victorias de Ivan Feijoo e Aida Gonzalez, o 2º posto de Breogan Diz, e os 3º de Noela Saa e Martin Gonzalez. Unha vez rematada a proba, poidemos disfrutar dunha bonita xornada de praia..
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





