28 abr 2011

ESTE FIN DE SEMAN COPA DE ESPAÑA EN HUELVA E A FINAL GALEGA DE DUATLON ESCOLAR



Este fin de semán a actividade será dobre para o clube. O Domingo a cita será na 3ª proba puntuable para a COPA DE ESPAÑA DE BTT , en HUELVA. Para ali partirán o venres os corredores Sub 23 Iago e J. Ramon, os juniors, Pablo, Saul e David, e os cadetes Marcos e Ivan que acudirá co CGTD. Pablo, chega a esta cita despois de ter vencido na anterior proba de Menorca, e como lider da Copa de España Junior; tentará afianzar o seu liderazgo na categoria con unha victoria. Outro corredor Junior , con opcións de victoria e Saúl, que en Menorca xa subiu o podium. En Cadetes , Marcos Villar tentara subir o podium , despois de ter quedado as portas do mesmo en Menorca. Asi pois , as opción do clube macedán ACADEMIA POSTAL-ACTYON son importantes de cara a acadar máis dunha praza nos podiuns das diferentes categorias. Pola sua banda, tanto J. Ramón, que tamen esta en racha de victorias a nivel galego, como Iago, parten coa idea de medirse cos seus rivais na categoria SUB 23 a nivel estatal , e nos sería moi dificil , que algun deles rematará en posición de cabeza.



A outro cita para os integrantes do clube, será na tarde do sábado , na FINAL GALEGA DE DUATLON ESCOLAR , na localidade da Pobra do Caramiñal , para as categorias Benxamín, Alevín, Infantil e Cadetes. Asi pois, un fin de semán máis , actividade intensa para o conxunto macedán e os integrantes da ESCOLA JA HERMIDA.

27 abr 2011

SQUIRT LUBE: UN NOVO APOIO



Os lubricantes de longa duración SQUIRT LUBE, a traves da súa distribuidora para España , BICIBIKE, vense a sumar a outras marcas que apoian o noso proxecto de Escola de cara a esta temporada. Asi grazas a SQUIRT LUBE, todos os integrantes da nosa Escola poderán manter a suas cadeas limpas e lubricadas, empregando estes lubricantes ecoloxicos de longa duración, a base de ceras, e de máximo nivel. GRAZAS A SQUIRT LUBE.












18 abr 2011

PABLO, 1º EN MENORCA E LIDER, SAUL 3º


PABLO RODRIGUEZ , conqueira este domingo victoria na proba da Copa de España de Menorca, o que lle valia para situarse como lider da Clasificación Xeral ,despois de disputarse 2 probas. Nunha gran carreira , Pablo vencia con total autoridade e chegaba a meta con un marxe de 2 min sobre o 2º clasificado. Pero non so era Pablo o que subia ao podium , xa que SAUL LOPEZ, era 3º , despois , tamén dunha gran carreira, conquerindo , asi subir por primeira vez na súa carreira a un podium da Copa de España na disciplina de BTT . Asi pois o podium da categoria junior na Copa de España vestiase de verde, xa que o clube macedán , ACADEMIA POSTAL -ACTYON conseguia un doblete histórico . E xa na proba de cadetes , casi chega de o terceiro podium , de man de MARCOS VILLAR , que toda a carreira estivo a loitar polo terceiro posto, e o final tivo que conformarse con ser 4º a escasos 2 segundos do 3º clasificado. Asi pois, gran balance para a canteira macedán que continua a colleitar valiosos resultados nas probas nas que participa. A seguinte cita da Copa de España será en Huelva.

JOSE RAMON, 2º EN SANTIAGO E LIDER OPEN


Este sábado celebrouse no Monte do Pedroso en Santiago de Compostela ,unha proba máis do Open Galego de BTT; nunha tarde calurosa e nun circuito duro, o balance para os corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MACEDA, foi moi bo, xa que dous dos seus corredores situaronse no podium; asi na categoria Elite-sub 23, JOSE RAMON VILLANUEVA, que esta a realizar unha gran temporada , no seu primer ano na categoria , entraba na meta en 2ª posición o que lle valia para facerse co maillot de lider do Open Galego; en Juniors, DAVID RODRIGUEZ, subía tamén ao podium , esta vez o terceiro posto.

14 abr 2011

ANQUIN TORRE NOVO PATROCINADOR




Nesta temporada , recen comenzada , incorporamos un novo patrocinador. Trátase da empresa ANQUIN TORRE, adicada a fabricación de armarios para o fogar e ubicada no poligono industrial de Xinzo de Limia. Podedes visitar a sua web http://www.anquintorre.com/ onde atoparedes máis información. E moi de agradecer, que nestes momentos, empresas como Anquin Torre apoien este proxecto de traballo coa base do ciclismo.

13 abr 2011

ESTE FIN DE SEMAN , MENORCA E SANTIAGO

Este fin de semán a cita será doble para os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, xa que por unha parte, Pablo , Saul e Marcos acudiran a 2ª proba puntuable para a Copa de España de BTT , en Menorca. Na mentras que os restantes corredores , Iago, J. Ramon e David, acudiran o sabado para participar nunha proba do Open Galego de BTT, esta vez no Monte do Pedroso en Santiago de Compostela. Por outra parte, Ivan Conde ,acudira a Portugal ,para participar nunha proba do calendario portugues.
Pablo, partiu xa cara Menorca, xa que participara nos dias previos a carreira , nunha nova concentración da Seleccion Española de BTT , esta vez coincidindo coa carreira de Menorca.
Tanto Pablo, como Saul e Marcos tentaran regresar con algunha victoria ou podium, na mentras que Iago tentara manter o maillot de lider do Open Galego de Elite , e J. Ramon ,continuar coa sua racha de victorias.