No inverno de 2016 comenzaba unha nova tempada de CX como Cadete de 2º ano , e acadaba un novo Campionato Galego e un Subcampionato de España en Valencia.
En BTT , no seu segundo ano como cadete, e nos Campionatos de España, escapabaselle por unha dobre averia o Campionato de España , unha temporada , na que dominou todas as probas nas que participou. Pero esa proba , que a bo seguro non esquezera marcaba un punto de inflexion na sua curta carreira. Lideraba a proba con un amplo marxe, casi 4 min ,e casi a falta dunha volta perdia toda esa diferencia e mais , para entrar en meta con unha biela soa , e 10º . Pelexou por rematar a carreira , fose como fose, e no posto que fose. Amosou que sendo un gañador nato, tamen sabia encaixar os malos momentos, e superalos con mais forza si cabe.
Como anecdota ese ano corria a sua unica carreira de Estrada, o Campionato Galego de Contrarreloxo, en Baños de Molgas, vencendo enriba dunha bici de Ciclocross.
En outubro , xa entraba como junior en Ciclocross, e arrancaba con forza, colleitando esa temporada xa o seu primeiro titulo a nivel estatal, proclamandose Campion de España Junior en Legazpi, en Xaneiro de 2018.
Dias despois , era chamado pola Seleccion Española para tomar parte nos Campionatos do Mundo que se celebraban en Valkenburg (Holanda) . Antes participaba na sua primeria Copa do Mundo ,en Francia donde era 10º e deixaba entrever que se sabia mover ben a nivel mundial. Nos Campioantos do Mundo, facia unha saida espectacular , situandose 5º , pero sufrindo unha avaria que o apartaba da loita pola carreira.
En 2018 , en BTT, entraba en categoria Junior, e no Campionato de España , celebrado en Moralzarzal finalizaba 2º.
En Setembro tomaba parte nos XOGOS OLIMPICOS DA XUVENTUDE , en ARXENTINA, onde era 12º nun combinado de probas de BTT e Estrada. A sua primeira experiencia Olimpica.
En inverno ,arrancaba unha nova temporada de Ciclocross, xa como junior de 2º ano, unha temporada , na que o seu salto cualitativo iba se importante. Arrancaba unha temporada, na que os seus exitos iban chegar xa a nivel internacional, colleitando importantisimos resultados .
Ademais do Campionato de Galicia , proclamabase Campion de España Junior, nuns campionatos celebrados en Pontevedra.
Así empezaba Xaneiro de 2019, un mes para enmarcar. Viaxabamos a Copa do Mundo de Pont Chateaux, en Francia, e na primeira volta, dende boxes, vimos chegar a un rapaz de Xinzo, encabezando a proba, increible.
Pero non quedaba ahi, e loitaba ata o final pola victoria . en meta era 3º , o su primeiro podium nunha Copa do Mundo !!! Por diante, o fillo dun tal Sven Nys.
Unha seman despois ,viaxabamos a Hoogerheide (Holanda), o pobo natal de Van der Poel, e de novo ,Carlos Canal, estaba na loita pola carreira. O de Pont Chateaux, non fora un espexismo. Loitaba ata o ultimo metro pola victoria , e finalizaba 2º !!!
Chegaban os Campionatos do Mundo en Dinamarca, e Carlos Canal partia con toda a ilusion e a intencion de colleitar algo bonito. Arrancaba a carreira cos de cabeza , pero unha caida na primeira volta mandabao a posicions retrasadas, pero sobrepuñase, e non tiraba a carreira. Sabia que o podium iba a ser xa imposible , pero amosaba o seu caracter de superación , e volta a volta iba remontando , marcando os millores tempos por momentos e entrando en meta como 7º !!
Sin apenas tempo de asimililo, empezaba una nova temporada de BTT , xa como junior de 2º ano, cas cores da nosa Escola e o apoio do equipo de Carlos Coloma
Na UCI JUNIOR SERIES de Banyoles, o equivalente a Copa do Mundo Junior, e gañaba, na sua primeira victoria a nivel internacional en BTT . Era un suma e sigue....
Chegaba a segunda proba en Marsella (Francia), unha nova UCI JUNIORS SERIES e vencia de novo con autoridade.
Viaxabamos a Alemania, a Copa do Mundo de Albstad, e finalizaba 4º !! depois viña Nove Mesto (Republica Checa )... 20º
Ese ano sumaba un novo titulo a nivel Estatal , era Campion de España Junior en BTT en Arguedas, despedindose asi da nosa Escola con un novo titulo, un mais , despois de habernos dado tanto.
En Setembro tomaba una decision importante na sua vida, deixaba o BTT e o CX, e apostaba por Estrada, entrando directamente dende a categoria junior, no mundo profesional, no equipo BURGOS BH. Era setembro de 2019, e en Xaneiro de 2020 empezaba unha nova andaina, nun mundo totalmente novo para el e sin ter corrido apenas nada en estrada. Pero , en apenas un ano ,amosou que a sua arriscada decision, foi acertada, e que vai polo bo camiño.
Dar o salto como junior a profesional directamente e algo que non se ve apenas, e mais sin correr nunca antes es estrada. Pero que ademais, con apenas 20 anos estrearse xa na VUELTA A ESPAÑA, despois de ter amosado moi boas cousas neste ano no equipo, fai preveer que Carlos Canal vai darnos moitas alegrias, e sera un corredor a seguir, un corredor, non esquezamos ainda en formación e en aprenidaxe , no dificil mundo do profesionalismo. Aptitudes e actitud non lle faltan .
SORTE CARLOS !!!