19 ago 2019

MINI BTT MACEDA , A FESTA DO MINI BTT GALEGO - COPA DEPUTACION DE OURENSE











Fin de seman de festa total para os rapazes e rapazas do Mini BTT de Galicia, o vivido durante estes dias en Maceda, con multiples actividades.
Dende o xoves 15, mais de un millar de persoas permanecian acampadas nas instalacións das piscinas municipais de Maceda, e daban un ambiente festivo e de convivencia.
O Sabado desprazabamonos todos ata Xunqueira de Espadanedo para tomar parte no I MINI DH de Xunqueira, organizado pola nosa xente do DH XUNQUEIRA.  Xa ese mesmo dia pola noite, chegaba a III MARCHA DAS VAGALUMES, que saia das piscinas , e levabanos ata o Castelo , iluminando e enchendo de bicis todas as ruas de Maceda. A festa continuaba o domingo ca celebración do XV MINI BTT de Maceda . E para pechar a festa, actuación de DANI BARREIRO & FRIENDS .

18 ago 2019

ANE SANTESTEBAN CHOCA DO ANO


A ciclista profesional Ane Santesteban recibía no transcurso do Mini BTT de Maceda , a Choca que a a acredita como CHOCA DO ANO do CC Maceda, recoñecemento a unha traxectoria espectacualar que a ten situado como unha das millores ciclistas do Estado Español, e tamén das millores escaladoras a nivel mundial.
Ane, se une xa numeroso plantel de ciclistas que teñen recibido do noso clube este premio. Entre os galardonados estan Miguel Indurain, Oscar Pereiro, Ezequiel Mosquera, Marcos Serrano, José Antonio Hermida, Chechu Rubiera,  Gustavo Cesar Veloso e Pablo Rodriguez.

14 ago 2019

XV MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE


Este fin de seman , presentase intenso para o noso CLUBE , xa que chega un dos grandes eventos do ano, a grande FESTA DO MINI BTT  , que este ano inclue a celebracion do XV MINI BTT DE MACEDA, proba da COPA DEPUTACION DE OURENSE,  que se celebrará o domingo 18 de agosto a partir das 11:00 horas. 
Pero o fin de semana deparará mais actividades , xa que o 17 de Agosto , a partir das 21:30 horas celebrarase o III PASEO DAS VAGALUMES, marcha que partira ao porse o dia das instalacions das piscinas percorrendo Maceda e voltando ao lugar de partida. Ademais, nestes 3 dias habera concertos, Pump Track , saidas en bici, e moita convivencia para os 400 nenos e nenas das diferentes Escolas de Ciclismo que encheran Maceda, acampando na zona das piscinas. 

9 jul 2019

MINI BTT VILABOA E BTT EN POIO



Fin de seman con dobre actividade; o sábado os mais pequenos e pequenas da ESCOLA tomaban parte na proba de Mini BTT en Vilaboa e o domingo o equipo ACADEMIA POSTAL - MACEDA participaban na ultima proba puntuable para a Copa Galicia XCO.
Na proba de Poio, que chega a sua XI edición , Andrea García vencía en Juniors, facendose co maillot final do Open nesa categoría. En Juniors, Brais Fernandez era 5º, na mentras que en Elite, Raul Gonzalez finalizaba 9º na xeral sendo 7º Elite. En Cadetes, Hugo Álvarez era 9º.



27 jun 2019

ASINADO O CONVENIO DE PATROCINIO COA FUNDACION DEPORTE GALEGO -SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE



Hoxe asinábamos o convenio de patrocinio coa Fundacion Deporte Galego - Secretaria Xeral para o Deporte, polo que a ABANCA incorporase como patrocinador da noso equipo de BTT e CX, ao mesmo tempo que da nosa Escola .

ABANCA - DEPORTE GALEGO - GALICIA SAUDABLE
NON FRENTE A VIOLENCIA DE XENERO

12 jun 2019

XI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE - COPA GALICIA BTT XCO


O  vindeiro sabado 15 de xuño , a partir das 16:30 , na circuito do Parque do Rio, con saída e chegada nas piscinas municipais de Maceda, celebrarase o XI BTT DE MACEDA , proba da COPA DEPUTACION DE OURENSE, e puntuable para a COPA GALICIA DE BTT XCO. Nela esta previsto que tomen parte mais de 200 corredores e corredoras de toda Galicia. 

21 dic 2018

XI CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE- COPA GALICIA DE CX


O vindeiro 22 de decembro celebrase en MACEDA , a partir das 14:30 horas (promocion as 14:00 h) o XI CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA proba da Copa de Galicia de Ciclocross e da Copa Deputación de Ourense. Na proba que se celebará no xa clásico circuito do arredores do Castelo de Maceda , tomarán parte maís de 200 corredores chegados de toda Galicia , e comunidades limitrofes. e participaran un total de 60 equipos.