6 jul 2017

SETE CORREDORES/AS DO CC MACEDA CONVOCADOS POLA SELECCION DE GALICIA PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA ESCOLARES DE AVILA










Carlos Canal e Marco Nube en Cadetes, Noela Saa, Aida Gonzalez e Antía Martinez en Feminas Cadete, para as probas de BTT XCO e Bregoan Diz e Martín González en Infantis para as probas de Estrada veñen de ser convocados pola Selección de Galicia para participar nos Campionatos de España Escolares de Ciclismo que se celebran este fin de semán en Avila.
A expedición partirá cara Avila, hoxe xoves. As probas de BTT, celebraranse o sabado as 9:00 h a carreira de feminas cadete, e a partir das 10:15 a de homes. As probas de infantis, son o vernes as 19:15 .
Asi pois, ampla representación do noso clube nestos Campionatos de España.

3 jul 2017

IVAN FEIJOO, JUNIORS E CARLOS CANAL, CADETES, CAMPIONS DE GALICIA BTT XCO EN CAMBRE







Ivan Feijoo, en juniors, e Carlos Canal, en cadetes, lograban facerse este sábado cos títulos de Campións de Galicia de XCO , nos campionatos disputados na localidade coruñesa de Cambre. Tanto Ivan como Carlos, dominaban con claridade nas súas respectivas categorías ,chegando a meta con un amplo marxe sobre os seus rivais.
Ademais destes dous titulos, o ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MMR , lograba tres subcampionatos , con Raul Gonzalez en Sub23,  Marco Nube en Cadetes e Noela Saa en Feminas Cadete. E os terceiros postos de Abel Franco en Juniors, e Antía Martinez en Feminas Cadete.
Asi pois , moi bo balance para o noso equipo nos Campionatos de Galicia XCO 2017, con estas 7 medallas , entre elas dous titulos de Campións de Galicia.

Fotos: Luz Maria Iglesias

26 jun 2017

DESTACA ACTUACION DE ABEL FRANCO NA VUELTA AL BESAYA CO EQUIPO BATHCO, DONDE FINALIZA 8º NA XERAL



Abel Franco  completaba unha extraordinaria actuación este fin de semán, na Vuelta al Besaya, carreira na que tomaba parte , cedido, co equipo cantabro do BATHCO, finalizando 8º na xeral final, dunha proba tan importante e de tanto nivel como é a Vuelta al Besaya.
Na etapa do venres, Abel , entraba en meta 2º, co tempo do vencedor, despois de chegar  a meta os dous escapados. Na segunda das etapas, a crono por equipos, o seu  equipo finalizaba 4º , o que lle valia a Abel para situarse como lider provisional da proba. Na terceira dos sectores , Abel , perdía 39 " , ao verse cortado por unha caída cerca de meta. Esto provocaba que se situara como 3º na xeral provisional. Na última das etapas, a do domingo, a etapa raiña, Abel, metiase na pelexa, pero ao final cedía nos ultimos metros do último dos portos. Ao final entraba en meta con algo de tempo perdido, rematando como 8º na xeral final, o que hai que considerar como una grandisimo resultado , para un corredor como Abel, que apenas tiña disputado probas de carretera, e chegaba con pouca experiencia nesta especialidade, na que segun semella , tense adaptado moi ben. Este top ten, e estar sempre entre os primeiros, en todas as etapas, dan conta das boas cualidades de Abel, un corredor , que disfruta da carretera e do ciclismo como poucos , e o que lel auguramos un moi bo futuro na sua nova etapa como corredor de carretera.... gañas e ilusion non lle vna a faltar. Grande Abel!!!!

VICTORIA DE IVAN FEIJOO E CARLOS CANAL NO SUPERPRESTIGIO MTB DE MORALZARZAL



Ivan Feijoo , en Juniors, e Carlos Canal en Cadetes, conseguían un importante doblete este domingo , na última proba puntuable para o Superprestigio MTB, e disputada na localidade da serra madrileña, de Moralzarzal. Ivan , lograba unha boa renda sobre o segundo clasificado, o corredor do Pirmaflor, David Campos, ao que lle sacaba 1min e 44 segundos. Ivan dominaba a carreira, dende a segunda volta, e volta a volta aumentaba a renda. En Cadetes, Carlos Canal, tamén dominaba con claridade, e chegaba a meta con 4 min sobre o segundo clasificado, o catalán  Pau Costa. Asi pois excelente resultado para ambos nesta proba de Moralzarzal.

VICTORIA DE NOELA SAA E VARIOS PODIUMS NO OPEN DE GALICIA XCO DE CARBALLIÑO





Nun precioso circuito diseñado pola ADC Os Mosqueteiros de O Carballiño, no parque da citada localidade, os nosos rapazes e rapazas do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR , tiveron unha actuación destacada, sumando ata un total de  podiums, coa victoria de Noela Saa en Feminas Cadete.  En Sub 23, Roman Saa era 2º na mentras que Raul González era 3º. En Juniors, Aaron López, estreabase no podium, sendo 2º. En Cadetes , Marco Nube , era 2º, na mentras que en Feminas Cadete, Noela Saa , lograba a victoria, con Aida González como 3ª e Antía Martinez, 4ª.
Con estes resultados, tanto Raul Gonzalez , como Noela Saa siguen lideres do Open nas súas respectivas categorias.

20 jun 2017

ABEL FRANCO 5º NA RUTA DO ALBARIÑO PARA JUNIORS, CEDIDO NO CC PONTEAREAS



O noso corredor Junior, Abel Franco ,tomaba parte este fin de seman na challengue de 3 probas , Ruta do Albariño, proba de Estrada para Juniors, correndo cedido co equipo CC Ponteareas. Abel, completaba unha gran actuación, xa que na súa primeira experiencia nunha proba por etapas, finalizaba 5º da xeral, sendo segundo galego , nunha proba na que vencia o corredor puerto riqueño do Cicdade de Lugo, Alejandro Abner González.

BREOGAN DIZ 2º NA PROBA DE ESCOLAS DE CANGAS E PODIUMS NO MINI BTT DE POIO




Sábado intenso para as Escolas de Ciclismo, con competición de Mini BTT en Poio, proba na que participaban máis de 20 rapazas e rapazas da Escola, e na que tres deles subían o podium. Asi Breogan Perez era 4º en Alevins, acadando o seu primeiro poidum. En Principiantes subían o podium , Sara Álvarez e Iris Fernández.