17 oct 2016

COMENZANDO A TEMPORADA DE CICLOCROSS EN MEDINA DE POMAR E CON BO PE









Este sabado arrancaba en Medina de Pomar (Burgos) unha nova temporada de Ciclocross, para o equipo macedan do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR de Maceda, e non o pudo facer con millor pe, nunha carreira na que se deron cita mais de 400 corredores e corredoras chegados de gran parte da xeografia peninsular. Ivan Feijoo, vencia con autoridade en Juniors, amosando un gran nivel , e un bo control da carreira.  En cadetes  Carlos Canal era 2º, nunha carreira moi intensa, e que posiblemente perdera por unha caida na ultima volta canco marchaba 1º con un pequeno marxe. Marco Nube , na sua primeira carreira de Ciclocross entraba o 16º . E Hugo Vazquez finalizaba o 23º. Con estos resultados o equipo cadete faciase ca victoria por equipos. En Feminas cadete, Noela Saa, na sua primeira experiencia en Cx era 2ª, e Aida Gonzalez, 6ª . Antia Martinez, entraba en meta a 9ª , despois de ter sufrido unha caida cando pelexaba en cabeza de carreira. Xiana Conde era a 21ª entre as feminas Elite, na mentras que Roman Saa , na sua primeira carreira como Sub23, perdia todas as opcions de facer unha gran carreira , na primeira media volta ao ter sufrido , unha caida e averia mecánica. Asi pois bo inicio de temporada de Ciclocross

Clasificacions completas :
http://www.cxmedina.com/wp-content/uploads/2016/10/Clasificaciones-CXMedina-2016.pdf

Fotos de Luz Maria Iglesias

3 oct 2016

O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR SEGUNDO NA XERAL FINAL POR EQUIPOS DO OPEN DE ESPAÑA XCo 2016




O Academia Postal-Actyon-MMR, ven de rematar 2º na Xeral Final do Open de España de XCo 2016, unha vez que rematou este, ca proba de Murcia. Deste xeito, o clube macedan colleita un importante exito mais nesta increible tempada 2016, xa que este subcampionato ten un valor extraordinario para un clube modesto, feito a base da sua propia canteira.

19 sept 2016

BOA ACTUACION DA ESCOLA JA HERMIDA EN CAMBADOS , NA ULTIMA PROBA DA TEMPORADA DE MINI BTT








Este sabado puñase punto e final a temporada galega de Mini BTT, unha extensa temporada con un total de 14 probas repartidas pola xeografia galega. Esta ultima proba, tiña lugar en Cambados , e organizada polo CC Corbelo. Os nosos rapazes e rapazas , completaban ,ao igual que viñeron facendo ao longo da temporada, un gran actuación ,acadando algunha victoria, e subindo varios deles e delas ao podium. Airas vencia na categoria de prebenxamins, e Aida, Martin (infantis) Sarela (Alevins) e Sara (promesas) subian ao podium nas suas respectivas categorias. Asi pois , punto e final a unha bonita tempada , e xa alguns deles a pensar no salto de categoria, xa en breve, na tempada de Ciclocross.  Por outra banda, e no 39 Trofeo Festas do Cristo para Escolas ,celebrado en Porriño, Breogan Diz, subia ao podium ao finalizar 2º na categoria Infantil

13 sept 2016

SAUL LOPEZ 3º NO 13º BTT DE CREIXOMIL - BARCELOS





A tempada de BTT XCO esta dando os seus ultimos coletazos, e este fin de seman, parte do equipo trasladabase a Portugal , para participar en diferentes probas. Asi Saul Lopez, e despois da Copa do Mundo de Vallnord, acudia a Barcelos para participar no 13º BTT DE CREIXOMIL, onde remataba o 3º na xeral da carreira. En Chaves, e na Rota do Presunto , Abel Franco , vencia en Juniors, na ruta corta, con Cristian como 3º. Tamen completaban unha boa actuacion , Raul Gonzalez, e Felix Borrajo.

5 sept 2016

ATA 5 PODIUMS NO MINI BTT DE CAMBRE E VICTORIA DE NOELA SAA






Moi boa actuacion da canteira da Escola JA Hermida, na penultima proba da temporada de Mini BTT , na que destaca a victoria de Noela Saa en Infantiles, con Aida Gonzalez, 3ª. Marco Nube era 3º tamen, entre os rapazes. Sara Alvarez era 2ª na sua categoria e Airas, 3º en prebexamins. Destacar tamen o bonito detalle dos nenos e nenas da Escola lembrandose de Roberto e desexandolle unha pronta recuperacion.

SAUL LOPEZ 68 NA SUA PRIMEIRA COPA DO MUNDO EN VALLNORD



Saul Lopez , tomaba parte este fin de seman na sua primeira Copa do Mundo , e na categoria Elite, na localidade andorrana de Vallnord. Saul que partia no posto 84,  ia remontando ao longo de toda a proba , e entraba en meta nu moi meritorio posto 68. No era facil  a proba para el, xa que saindo nas ultimas posicions da grella de saida, ia ter que pillar atascos nas primerias voltas, como asi foi. Pero ainda asi Saul completou unha boa carreia. Unha bonita experiencia para un gran corredor como Saul, que a nivel estatal , ten acadado importantes resultados, como o 10º posto nos ultimos Campionatos de España, disputados este ano en Maceda.

PABLO RODRIGUEZ 3º NA COPA DO MUNDO DE VALLNORD !!!!


O biker macedan Pablo Rodriguez Guede do equipo MMR, acadaba na proba da Copa do Mundo de Vallnord, o seu primeiro podium na categoria raiña, ao ter rematado 3º, nunha emocionate carreira. Pablo ,que tan boa tempada ten feito neste seu primeiro ano na categoria Elite, rodaba nas primeira voltas na posicion 16, e a partir de ahi comenzaba a remontar, pasando ao 7º posto, e mantendose nel durante un par de voltas. E nas duas ultimas voltas, cando Pablo ,entraba na pelexa polo podium. Finalmente entraba en meta na terceira posicion , diante do Frances Tempier. Na proba vencia Absalon. Pablo, manifestaba ao remate da proba , as boas sensacions que tivo durante toda a carreira, e na que a pesares de ter algun pequeno percance mecanico, era quen de facer unha gran remontada e acadar o historico podium nunha Copa do Mundo.
Lembra , que Pablo , que o ano pasado proclamabase Campion de Europa na categoria Sub23, xa tiña sido 3ro nunha copa do Mundo ,pero na categoria Junior, cando corria cas cores do noso clube.