17 jul 2016
ESPECTACULAR PROBA DE ELIMINATOR NO CENTRO DE MACEDA
Na xornada do sabado , nos Campionatos de España de BTT, tocaballe o turno os Master , pola maña.
Asi as 9:15 o turno foi para os Master 40, 50 , 60 e as 11:30 os Master 30.
Galicia , estivo a piques de alcanzar medalla en Master 50, por medio de Javier de la Fuente, que sufria unha caida cando marchaba lider da proba.
Pola tarde , o turno era para a proba de Eliminator , para o que noso clube tiña diseñado un circuito urban polo centro de Maceda. E resultou realmente espectacular, con moito publico as beiras do circuito , e moita animacion. Ao final as victorias foronse para Cataluña . Gerard Alvarez fixose coa victoria en homes e Magda Duran en Feminas.
16 jul 2016
GALICIA PLANTA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE TEAM RELAY DE MACEDA
13 jul 2016
PRESENTADO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BTT XCo XCe TR DE MACEDA
Esta maña ,presentabase no Centro Cultura Marcos Varcalcel, o Campionato de España de BTT de Maceda, nun acto que contaba coa presencia de Jose Manuel Baltar (presidente da Deputacion de Ourense, principal patrocinador do evento) de Jose Manuel Lete, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Carlos Muñiz, Presidente da Federacion Galega de Ciclismo, Pablo Rodriguez Guede e Xulio Conde. Os Campionatos comezaran o venres 15 e duraran ata o domingo 17.
11 jul 2016
SEIS PODIUMS NO MINI BTT DE SANXENXO
A Escola de Ciclismo JA Hermida, acadaba este fin de semana varios podiums, na proba de Sanxenxo, organizada polo CC Corbelo. Asi en Infantis , Marco Nube era 5º, na mentras que Aida Gonzalez era 3ª. En Alevins, Sarela Conde era 4º, na mentras que en promesas, Hugo Gonzalez era 3º. En principiantes a victoria era para Sara, na mentras que en prebenxamins, Airas Vazquez era 5º.
VICTORIA DE BREOGAN DIZ EN INFANTIS
Breogan Diz vencia na proba para escolas, na categoria infantil, na carreira disputada en Cangas , na maña do domingo, sumando asi a sua primeira victoria nesta categoria.
10 jul 2016
CARLOS CANAL SUBCAMPION DE ESPAÑA CADETE E ANTIA MARTINEZ 4º
Carlos Canal acadaba nunha xornada extremadamente calurosa en Merida, o subcampionato de España de BTT na categoria cadete, nunha carreira dura, pola calor, e na que Carlos comandaba a carreira xa dende o inicio da mesma. Pero o calor pasaballe factura, e o final veiase superado na ultima volta polo Catalan Alex Martin. Deste xeito Carlos, entraba en meta segundo, pero con un golpe de calor , o que provocou que tivera que ser atendido polos servizos médicos, ao igual que moitos dos participantes.
Na carreira de Feminas, Antia Martinez, completaba unha gran carreira e finalizaba 4ª, despois de facer unha carreira de menos a mais e remontando volta a volta. Antia , a sua vez, acadaba a medalla de bronce, por equipos, xunto co resto de integrantes da seleccion de Galicia.
7 jul 2016
PABLO RODRIGUEZ GUEDE (MMR) 10º CAMPIONATO DO MUNDO ELITE!!!
O corredor macedan do MMR, Pablo Rodriguez, que tan gran tempada esta a realizar , no seu primeiro ano na categoria Elite, despois de ter sido un dos millores Sub23, conseguia onte, en Nove Mesto, un grandisimo Top Ten , que os situa entre Elite Mundial do BTT. Grandisimo resultado para un corredor que ano a ano sube un escalon mais, e xa esta pelexando entre os millores. Pablo , que sai no posto 35 , remontaba volta a volta , e situabase a falta de 2 voltas entres os 10 primeiros. O final finalizaba 10!!! un grandisimo resultado. Jose Antonio Hermida , entraba en meta, xusto detras de Pablo ,finalizando 11.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















