11 abr 2016
VICTORIA DE ABEL FRANCO (JUNIOR) E ANTIA MARTINEZ E CARLOS CANAL (CADETES) NO ARRANQUE DO OPEN DE GALICIA BTT XCO
Arrancaba este fin de seman unha nova tempada de BTT XCO en Galicia coa proba de Ferrol, dando asi comezo ao OPEN GALEGO DE XCO; e non o poido facer de millor xeito para o noso equipo o ACADEMIA POSTAL-ACTYON, xa que os nos@s corredores/as acadaban ata 7 podiums, entre eles tres victorias. Asi en juniors , vencia Abel Franco, con Roman Saa 3º e Aaron Lopez 5º, o que lle valia a Abel para situarse como primeiro lider do Open. Tamén se vestia de lider , Carlos Canal, vencedor en Cadetes, con Hugo Vazquez 3º . Antia Martinez , tamen se colocaba como lider, ao vencer en Cadetes. Raul Gonzalez, tamén subia ao podium en Sub23 , ao ser 3º. E en feminas Elite, Xiana Conde era 3º asinando un novo podium.
Asi pois exitosa xornada para a nosa canteiras
6 abr 2016
IVAN FEIJOO 74º NA UCI JUNIORS SERIES DE RIVERA (SUIZA)
A sorte non acompañaba a Ivan Feijoo na sua primeira participacion nunha proba da UCI JUNIORS SERIES , na localidade suiza de Rivera. Xa que de partida tiña que sair no posto 160 ao non ter a UCI actualizado o seu rankin. Despois, cando xa tiña remontado ata a posicion 50 , nun circuito dificil , sufria un pinchazo na ultima volta , facendo medio circuito a pe, e perdendo moitas posicions. Ao final 74 , e unha boa experiencia para o futuro. Na mesma proba participaba Pablo Rodriguez co seu equipo MMR e Jose Antonio Hermdia (MERIDA), ambos na categoria Elite. Ao final pablo era 11º e Hermida o 12º.
VICTORIA DE CARLOS CANAL NA PROBA DE BTT XCO DE MELGAÇO (PORTUGAL) EN CADETES
Carlos Canal colleitaba este fin de seman unha nova victoria en terras lusitanas ,esta vez na proba rexional de Melgaço, vencendo con autoridade na categoria de Cadetes . Na mesma categoria Hugo Vazquez era o 11º. En Elite, Raul Gonzalez lograba un moi bo 8º posto. En Juniors , Abel Franco perdia na ulitma volta un podium polo que estivo loitando toda a carreira. Ao final era 6º.Na carreira de Escolas, Noela Saa era 3ª na categoria de Infantis.
1 abr 2016
PRESENTACION DE LA VUELTA A ESPAÑA CON PROTAGONISMO DA NOSA ESCOLA JA HERMIDA
Onte celebrouse en Ourense a presentacion das etapas de La Vuelta 2016 pola provincia de Ourense, con un gran protagonismo para o noso clube e a nosa Escola de Ciclismo JA Hermida e todos os seus rapazes e rapazas. Lembrar que a 7ª etapa, o venres 26 de agosto partira de Maceda, o que vai constituir un autentico fito historico para o noso clube e o noso pobo. No acto, capitaneado por Pedro Delgado, Oscar Pereiro e Fernando Escartin, entregouse un recoñecemento entre outros a Pablo Rodriguez e Xulio Conde.
21 mar 2016
CARLOS CANAL VENCE NA CRONO DO OPEN DE ESPAÑA DE VALLADOLID E 3º NO RALI. IVAN FEIJOO E 3º NA CRONO
O domingo , amanecia soleado, e a medida que avanzaba a maña o circuito iba secando.
Na primeira carreira da xornada , Carlos Canal , voltaba a pisar o podium ,finalizando 3º en Cadetes. Antia era 5ª en feminas Cadete. Na segunda carreira , Ivan Feijoo era o 5º en junior, despois de ceder un par de posicions na ulitma volta cando marchaba 3º. Abel Franco finalizaba o 19º. Na carreira raiña, a do grupo Pro, destacar a actuación de Saul Lopez, que lograba un meritorio 10º posto. Raul Gonzalez finalizaba o 28º.
Clasificación completas:
Rali:
Crono:
14 mar 2016
CARLOS CANAL VENCE EN CADETES NA TAÇA DE PORTUGAL DE VIANA DO CASTELO. IVAN FEIJOO 4º EN JUNIORS
Carlos Canal acadaba unha meritoria victoria, en cadetes, nunha proba de prestixio como e a TAÇA DE PORTUGAL, na localidade de Viana do Castelo. Deste xeito , Carlos Canal, na sua segunda carreira de BTT , na categoria de cadetes ,subia o mais alto do podium despois de sair nas ulitmas posicions , nunha proba na que tomaban parte ata 74 cadetes. En juniors, Ivan Feijoo, tamén acadaba un gran resultado o entrar en meta 4ª, na categoria de junior, sumando asi os seus primeiros puntos UCI , xa que se trataba dunha proba de caracter internacional. Tamén na categoria junior, Roman Saa , debia baixarse por averia. En Elite Sub23, Raul Gonzalez era o 37. Saul Lopez tiña que retirarse despois de ter pinchado.
Clasificacións completas: http://www.uvp-fpc.pt/ficheirossite/13032016212939.pdf
7 mar 2016
CARLOS CANAL, CADETE, SUMA 2 PODIUMS EN CHELVA NO OPEN DE ESPAÑA DE BTT XCO
Este fin de semana comenzabamos unha nova temporada de BTT , coa participación na primeira proba puntuable para o Open de España de BTT XCO, na localidade valenciana de Chelva. Na crono do sabado, O open arrancaba ca proba crono do sabado, na que Carlos Canal subia ao podium en Cadetes, sendo 2º. Ivan Feijoo era o 6º entre os junior, na mentras que Saul Lopez era o 11º na carreira de Elite Pro. Antia Martinez era tamén 6ª entre as feminas cadete.
O domingo disputabase o rali, e na primeira carreira da maña, a dos cadetes, Carlos Canal, que corria a sua primeria carreira de BTT como cadete, estreabase cun podium a nivel estatal , sendo 3º. Antia Martinez era 4ª despois de estar loitando polo podium. Na carreira de juniors, Ivan Feijoo, que se estreaba como junior en BTT , e voltaba a competicion despois dun periodo de descanso tras a sua exitosa tempada de Ciclocross, acusaba o seu catarrro, e entraba en meta 11º. Na carreira de elite, Saul Lopez, lograba un moi meritorio 26º posto , nunha carreira con unha participacion de moito nivel , xa que habia varios corredores estranxeiros habituales das copas do mundo e con moi bos resultados.
Asi pois bo arranque para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON de Maceda.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






