8 oct 2013

COMEZOU A COPA FEDERACION DE CICLOCROSS EN OVIEDO


Este domingo comezou en Oviedo oficialmente a temporada de Ciclocross, coa primeira proba puntuable para a Copa Federacion de Ciclocross, celebrada nunha maña calurosa na capital asturiana. En canto a nosa participacion, os resultados foron bos, tendo en conta o cambio de categoria de varios dos rapazes. Asi Ivan Feijoo, que corria a sua primeira carreira como Cadete, e tamen a sua primeira carreira de CX, realizaba unha boa carreira finalizando 14º. O seu compañeiro de categoria, Roman Saa , tamén nunha boa carreira , finalizaba 16º. En Juniors Xiana Conde, que tamén estreaba categoria finalizaba a 7ª. Raul Gonzalez era o 17º. En canto os master 40, Xulio era 19º, Antonio Saa o 42º  e en master 50 Jose Manuel Gonzalez o 13º
Clasificacions completas:
http://cxperience.es/2013/wp-content/uploads/2013/10/ClasificacionesMMRCXperience2013.pdf

29º DIA DA BICI DE OURENSE


Bonito detalle por parte dos organizadores do 29º DIA DA BICI de OURENSE de convidar os rapazes e rapazas das Escolas do noso clube , a Escola JA Hermida, e a Escola O Pereiro de Aguiar , para abrir unha marcha polas ruas da capital ourensana, e na que participaron mais de 5.000 persoas. Os mais pequenos do clube,  pasaron un bonito dia, disfrutando da marcha en favor do uso da bicicleta.

1 oct 2013

IVAN E AIDA VENCEN NO MINI BTT DE TUI NA DESPEDIDA DA TEMPORADA DE MINIBTT

 Este fin de seman rematou a temporada 2013 de Mini BTT, coa proba celebrada en Tui e organizada pola Fundacion Oscar Pereiro, nunha xornada marcada pola intensa chuva e vento que houbo durante a proba, pero que non evitou que os mais pequenos disfrutaran... En canto aos resultados, destacar a victoria de IVAN FEIJOO, unha mais esta temporada, coa que  se despedia da categoria infantil, xa que na temporada de Ciclocross que esta a piques de empezar, xa se estrenara como Cadete. En alevins, tamén vencia AIDA GONZALEZ, con NOELA SAA, en 2º lugar. En Principiantes, BREOGAN DIZ, era 2º e MARTIN GONZALEZ, 5º , despois da caida sufrida na segunda manga. En Prebenxamins, HUGO GONZALEZ era 5º. Tamen estiveron a gran nivel, AARON, MANUEL , DAVID e XACOBE en infantis, MARCO en alevins, ALEX en Principiantes, LUCAS, MAURO, UXIO e SARELA en Promesas. Noraboa a tod@s!!!

23 sept 2013

AIDA GONZALEZ, BREOGAN DIZ E IVAN FEIJON VENCEN NO MINI BTT DE MARIN



Onte domingo, e nunha xornada marcada polo intenso calor, no que se superaban os 35º a pesares de estar xa as portas do Outono, os xoves integrantes da Escola JA Hermida tiveron unha destacada actuacion na que sumaron un total de 7 podiums , entre eles 3 victorias, as de IVAN FEIJOO,(Infantis) AIDA GONZALEZ (Alevins) e BREOGAN DIZ (Principiantes) . Destacar tamen os 2º postos de NOELA SAA  (Alevins) MARTIN GONZALEZ (Principiantes) e Xiana Conde (Cadetes) e o 5º de AARON GONZALEZ (Infantis). Asi pois, exitosa xornada para o noso clube, no que todos estiveron a un gran nivel nun dia de moito moito calor.

16 sept 2013

IVAN E AIDA VENCEN NO MINI BTT DE MOS


Este domingo celbrouse un novo MiniBTT, dentro desta tempada 2013, que xa esta a piques de rematar. A proba, celebrada en Mos, e organizada pola Fundacion Oscar Pereiro, contaba cunha importante participacion de rapazes e rapazas, como ven sendo xa habitual en cada proba de MiniBTT. Os nosos corredores , de novo ,tiveron unha destacada actuación colleitando ata 5 podiums, entre eles a victorias de Ivan Feijoo e Aida Gonzalez, o 2º posto de Breogan Diz, e os 3º de Noela Saa e Martin Gonzalez. Unha vez rematada a proba, poidemos disfrutar dunha bonita xornada de praia..

2 sept 2013

HERMIDA BRONCE NOS CAMPIONATOS DO MUNDO DE SUDAFRICA E PABLO 16º SUB 23







JOSE ANTONIO HERMIDA, acadou a medalla de bronce nos Campionatos do Mundo de BTT XC , en Sudafrica, nunha emocionate carreira, na que estivo a loitar en todo momento polo maillot arcoiris. Deste xeito Hermida, volta a un podium nuns campionatos do mundo ,e acrecenta o seu impresionante palmares, no que entre outras victorias conta cos titulos de Campion do Mundo Junior en 1996, o de Sub23 no ano 2000, o de Elite en 2010, ademais da medalla de prata nas Olimpidas de Atenas, bronce nos campionatos do mundo de Livigno, varios campionatos de Europa e de España....... en fin ,un palmares que o situa entre os millores bikers da historia.... Hermida, con 35 anos , vense de convertir no corredor mais veterano en subir a un podium duns campionatos do mundo Elite.
PABLO RODRIGUEZ, finalizaba o 16º , na proba de Sub 23 realizando unha moi boa carreira , e progresando proba a proba, amosando unha gran regularidade nesta sua segunda tempada na categoria de Sub 23.
Dende aca felicitar a ambos corredores.....e para nos un gran orgullo levar o nome de JA Hermida, e que de aca teña saido un corredor como Pablo....

IVAN , AIDA E BREOGAN VENCEN NO MINI BTT DE CAMBRE



No mesmo dia que Jose Antonio Hermida acadaba a medalla de bronce nos campionatos do mundo de Sudafrica, os seus pupilos da Escola JA Hermida, acudian o MINI BTT de Cambre, acadando moi bos resultados. Asi IVAN FEIJOO, vencia con autoridade na proba de infantis, na que AARON LOPEZ, remataba 5º. AIDA GONZALEZ era 1ª en Alevins, con NOELA SAA 3ª. BREOGAN DIZ, vencia en principiantes, con MARTIN GONZALEZ 3º e HUGO GONZALEZ era 2º en prebenxamins. Asi pois moi boa xornada, nunha carreira na que participaron mais de 150 rapazes e rapazas de todas as Escolas galegas.
Clasificacions completas: http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1231_TOTALES.pdf