17 jun 2013
EVA ALVAREZ 4ª EN BERGARA E 6ª EN SOPLENA ESTE FIN DE SEMAN.
Boa actuación da Junior, Eva Alvarez, este fin de semán nas probas de Bergara e Soplena do Trofeo Euskaldun de Feminas. Na proba do Sábado , en Bergara, Eva entraba en meta no 4º lugar, nunha chegada o sprint. Na proba do domingo, nun circuito mais duro, Eva, que estivo moi activa durante toda a carreira, entrou en 6º lugar. Asi pois , bo balance, nestas carreiras, nas que compiten, as millores feminas do panorama estatal de ciclismo en Estrada.
MARCOS VILLAR VENCE EN JUNIOR CON RAUL DE 3º EN CASTRO BARBUDO. XIANA VENCE EN FEMINAS CADETE
Este sabado, disputouse nos montes de Castro Barbudo, en Rianxo, unha nova cita do Open Galego de BTT XC, tamén puntuable para o Open da Deputacion da Coruña, no circuito, sen dubida, mais técnico do calendario galego. A xornada comezou con retraso, pero para o noso equipo o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, foi positiva, xa que Marcos Villar vencia na categoria de junior, con absoluta claridade, e evidenciando que vai recuperando o seu nivel despois de mais de un ano de recuperación da sua lesión. O seu compañeiro, Raul Gonzalez, que este no seu primeiro ano na categoria, esta a convertirse nun asiduo do podium, entraba en meta 3º e acompañaba a Marcos no podium. A outra victoria da xornada, acadabaa Xiana Conde, quen vencía en Feminas Cadete e situabase lider do Open de Galicia e do Open da Deputacion da Coruña. En Elite, Saul López, era 4º e quedaba as portas do podium. En Cadetes , Román Saa , era 5º. En Master 50, tamén subia o podium Jose Manuel Gonzalez.
10 jun 2013
EVA ALVAREZ 2ª JUNIOR NO CAMPIONATO GALEGO DE CONTRARELOXO
Onte celebrabase na localidade do Codeseda, na Estrada o campionato de Galicia de contrarreloxo para as categorias de Cadetes, Feminas e Master, nun circuito de forza , de 10 km. A representacion do ACTYON -ACADEMIA POSTAL-MERIDA, corria a cargo das corredoras feminas, Eva Alvarez e Xiana Conde. Eva Alvarez, realizaba unha boa crono na categoria junior e entraba 2ª en meta, proclamandose subcampiona galega. Xiana era a 6ª en Cadetes, na sua primeira experiencia nunha crono.
3 jun 2013
EVA ALVAREZ VENCE EN JUNIORS NO OPEN DE ESPAÑA BTT DE VALLADOLID
Na matinal do domingo, no Cerro das Contiendas, en Valladolid, celbraronse os Intenacionales de Valladolid, proba puntuable para o Open de España de BTT XC. E a Junior , do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA , lograba unha importante victoria , ao gañar a carreira de Juniors, e asi manter todas as opcions de levarse a clasificacion xeral, na ultima proba , que se celebrara a finais de xuño en Aviles. En canto os restantes corredores macedáns, Xiana Conde, rematou 6ª en Cadetes Feminas e Marcos Villar non poido finalizar a proba de juniors.
RAUL VENCE EN JUNIORS EN CAMBRE E SAUL 3º ELITE
O sabado celebrouse en Cambre o 13º Gran Premio Concello de Cambre, proba puntuable para o Open de Galicia de BTT XC, e a xornada non poido ir millor para o noso equipo o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA. Na categoria Elite, Saul Lopez, era 3º. En Juniors, Raul Gonzalez, lograba unha importante victoria, a segunda da temporada, e en Master50 o seu pai, Jose Manuel Gonzalez era 2º; asi pois exitosa xornada para a canteira macedan.
31 may 2013
PRESENTACION DA ESCOLA DE CICLISMO O PEREIRO
Este xoves, presentouse a nova Escola de Ciclismo de O Pereiro de Aguiar, escola integrada dentro do CC Maceda conxuntamente ca Escola JA Hermida de Maceda. Esta Escola nace xa con 30 nenos e nenas, o que constitue xa de por si , unha gran ledicia. Esta dirixida e impulsada por Pablo Atrio, monitor , que dende hai tempo xa ven colaborando coa Escola JA Hermida. E un proxecto que nace con gañas de permanecer durante anos, e ca idea fundamental de achegar o deporte da bicicleta a os nenos e nenas de o concello de O Pereiro de Aguiar e arrededores. Agradecer o apoio de Ciclos Moure e o Concello de O Pereiro a este novo proxecto.
Destacar , tamén , que o acto asistiu o biker macedán Pablo Rodriguez, que este ano esta a correr co BH SUNTOUR, e que se formou na canteira do noso clube, e que hoxe por hoxe, e un dos millores bikers españois.
28 may 2013
EVA ALVAREZ 10ª JUNIOR NA COPA DE ESPAÑA FEMENINA DE ESTRADA
A corredora junior Eva Alvarez, do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA , remataba 10ª junior, na primeira proba puntuable para a Copa de España Femenina de Estrada disputada na localidade palentina de Cervera de Pisuerga. Eva realizaba unha gran carreira ,estando moi activa durante toda a proba, rematando 21ª na xeral, e 10ª entre as juniors. A corredora junior esta a simultanear a sua participación en probas de BTT e Estrada, con moi bos resultados en ambas especialidades. A sua proxima cita sera este fin de semán na Copa de España de BTT, en Valladolid.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



