30 jul 2010

PABLO RODRIGUEZ NA COPA DO MUNDO DE VAL DI SOLE


Pablo , voltara a correr este fin de semán nunha nova proba da Copa do Mundo de BTT coa selección española, esta vez na localidade Italiana de Val di Sole. Esta e a última proba da copa do mundo que se celebra en territorio europeo, xa que siguntes citas serán no continente americano, e previas os mundiais que se disputarán no mes de setembro en Canada. O corredor macedán que tan boa temporada esta realizando, describe o circuito , como un circuito duro e menos técnico que nas citas anteriores, e que se atopa pesado, xa que estes días estivo a chover. A carreira disputarase maña sabado a partir das 9 da maña.

25 jul 2010

PABLO RODRIGUEZ 39º NA COPA DO MUNDO DE CHAMPERY


O corredor junior macedán do CC MACEDA , pariticipou este domingo na estación de Ski suiza de Champery, en medio dos Alpes Suizos, na proba da COPA DO MUNDO de Mountain Bike formando parte da selección española. Nun circuito moi técnico, e resbaladizo, pola choiva caida nos días previos a carreira, Pablo Rodriguez completou unha gran carreira na sua segundo participación nunha proba da Copa do Mundo. Tocoulle sair de posicións moi retrasadas na parrilla de saída, en torno o 65, e nun circuito non que non era facil adiantar, o corredor macedán foi remontando volta a volta para finalmente rematar nun meritorio 39º lugar, millorando cosiderablemente , a posición que tiña acadado na súa primeria participación nunha copa do mundo. Unha vez rematada a carreira , os integrantes da selección española partiron cara a localidade italiana de Val di Sole, onde o proximo fin de semán terán unha nova proba da Copa do Mundo.


Sinalar tamén que na mesma proba , e na categoría elite, Jose Antonio Hermida, remataba 10º co que situa na 4ª posición da xeral da Copa do Mundo.

II TROFEO MINI BTT CONCELLO PORRIÑO


O Sábado os maís pequenos e pequenas da Escola de Ciclismo JA Hermida do CC Maceda, acudían ao monte da Risca en Porriño , para participar nunha nova proba do OPEN GALEGO DE MINI BTT, conquerindo varios podiums, asi Ivan Conde venceu en Infantiles, Román Saa foi 2º en alevins, Aida Gonzalez venceu en Promesas con Noela Saa 2ª. Foron un total de 15 os corredores do CC Maceda que acudiron a cita de Porriño.

INFANTIS:
Masculino: 1º Ivan Conde; 7º Ruben García; 11ºIsmael del Campo
ALEVINS:
Masculino: 2º Román Saa; 10º Samuel Gonzalez; 13º Aroon Lopez
BENXAMINS:
Masculino:13º David Hermida;
Feminas: 4ª Antía Martínez
PROMESAS:
Másculino: 8º Pablo Hermida; 11º Martín González; 19ºAlvaro González; 22º Hugo González; 23º Noe González
Feminas: 1ª Aida Gonzalez; 2ª Noela Saa

18 jul 2010

PABLO NA COPA DO MUNDO DE SUIZA E ITALIA


Os campionato de España de BTT puxerón punto final a temporada de BTT , que tan fructifera esta sendo para a Escola de Ciclismo do CC Maceda, na que ten acadado importantes resultados a nivel estatal. O unico corredor que ainda non pon fin a temporada , e Pablo Rodriguez, que ao remate da proba foi convocado pola seleccion española para acudir a participar nas proas das Copas do Mundo de BTT que se disputarán os dous fin semán que siguen en Champery (Suiza) e Val di Sole (Italia), asi unha vez rematada a carreira de Barcelona xa partiron cara Suiza.

PABLO 3º EN JUNIORS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BTT-XC


Este domingo rematarón na montaña olímpica de Montjuic en pleno corazón de Barcelona, os Campionatos de España de BTT-XC; nunha maña intensa, coa celebración de 3 carreiras, a actividade principiaba as 9:30 coa carreira de Juniors na que o clube macedán partia con opcións de podium , por medio do seu corredor Pablo Rodriguez que viña facendo unha gran temporada, sen esquecerse de Iago García que xa tiña obtido podium nunha proba da Copa de España; e a carreira non defraudou , sendo moi disputada na cabeza, con un Pablo sempre rodando nos tres primeiros postos. Ao final, e nun final intenso Pablo obtivo unha moi meritoria 3ª praza no seu primer ano na categoria junior, que se engade o seu destacado palamares; os outros dous corredores juniors macedans , Iago e J. Ramon, tamén realizaron unha boa carreira con Iago , finalmente 17 e J. Ramon 22, con pinchazo incluido; o obxectivo macedán de colocar os seus 3 corredores entre os 20 primerios nunha carreira na que sairon casi un centenar de corredores, estivo cerca , xa que so un pinchazo privou a J. Ramon de rematar nos 15 primeiros. Na outra carreira na que tomarón parte corredores de Maceda, foi a de Cadetes, na que Marcos Villar realizou unha gran remontada despois de partir das ultimas posicions e rematar finalmente de 25 na súa primeira particpación nun campionato de España, e David Rodriguez foi 35º. En Master 40 , Xulio Conde foi 14º.Esta carreira pon fin a temporada de BTT , que tan fructifera esta sendo para a Escola de Ciclismo do CC Maceda, na que ten acadado importantes resultados a nivel estatal.

MINI BTT MONTEPORREIRO PONTEVEDRA

O sabado celebrouse en Monteporreiro (Pontevedra) unha nova proba do Open Galego de Mini BTT , optendo o clube macedan sendas victorias en Infantis por medio de Ivan Conde e Desiree Duarte en masculino e femenino , e 3º postos de Ruben Garcia en Infantil, Ivan Feijoo en Alevin , un 2º posto de Aida González en Promesas.

16 jul 2010

CAMPIONATO DE ESPAÑA BTT XC


Este fin de semán celebranse no parque olímpico de Montjuic, en Barcelona os Campionatos de España de BTT XC; o CC Maceda acudirá con unha importante representación asi un total de 6 corredores macedans participarán nas categorias de Cadetes, Juniors e Master 40. As probas de Cadetes e M-40 disputaránse na tarde do sábado a partir das 17 horas; Marcos Villar , David Rodriguez e Xulio Conde participarán nesta carreira. O Domingo a partir das 9:30 horas tocaralle os juniors Pablo Rodriguez, Iago García e J.Ramon Villanueva. E nesta categoría onde o clube macedán parte con serias opcions de podium , xa que tanto Pablo como Iago xa estiveron presentes no podium nas probas da Copa de España, e hai que lembrar que neste mesmo circuito, Pablo, acadou o titulo de Campión de España en categoría Cadete. A partir das 11:30 do domingo e pondo punto final aos campionatos ,celebrarase a proba Elite, na que o principal favorito e o corredor oriundo de Maceda J.A. Hermida.