26 ago 2025

XX MINI BTT DE MACEDA

 




Con unha seman de retraso, a causa da Vaga de lumes que asolou Galicia, pudose celebrar o XX MINI BTT DE MACEDA ,no que tomaban parte mais de 200 nenos e nenas, chegados de toda Galicia, e comarcas limitrofes, e que disfrutaban dunha xornada distinta de Mini BTT, nun fin de seman no que houbo acampada, piscina, marcha das Vagalumes, Bici Parque ....

En canto os rapazes e rapazas da nosa Escola, a actuacion foi destacada, con ata un total de 10 podiums, entre eles 2 victorias na categoria de Alevins. 

25 ago 2025

VII MARCHA DAS VAGALUMES, MAIS LUCES E MENOS LUMES






Cunha seman de retraso, a causa da Vaga de lumes que afecta a Galicia, celebrouse este sabado de noite a Marcha das Vagalumes, que chegaba este ano a sua 7ª edicion. Foron un bo numero de nenos e nenas os que tomaron parte nela, enchendo as ruas de Maceda de luces e colorido. 

Este ano , quixemos, ademais, rendirlle homenaxe a toda a xente que tomou parte na loita contra os lumes, asi diversos colectivos tomaron parte na marcha , vivindose momentos emotivos . Polas ruas de Maceda, e ante os aprausos dos nenos e nenas, e xente de Maceda, e outros lugares, "desfilaron" , gandeiros e os seus tractores, bombeiros, xente de Proteccion Civil  .....


12 ago 2025

XX MINI BTT DE MACEDA - VII MARCHA DAS VAGALUMES - COPA DEPUTACION DE OURENSE




Este fin de semán , chega a Maceda, a  FESTA DO MINI BTT . Van ser unhs dias de festa , na zona das piscinas con distintas actividades . Asi o Sabado, pola noitiña , a partir das 21:00 horas, celebrase a VII MARCHA DAS VAGALUMES, un paseo en bicicleta que percorre as ruas de Maceda, dende as Piscinas, ata o Castelo de Maceda, nun bonito espectaculo visual . 

Xa o domingo a partir das 10:00 e nas instalaciones das piscinas, celebrase , o XX MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE, para o que se prevee que participen un total de 300 nenos e nenas chegados de toda galicia. O percorrido transcorre polo paseo do rio de Maceda. 

Ademais destes dous eventos, estes dias, habera actividades paralelas, como son a visita o Bici Parque e o Parque das Bicicletas, unha ¨carreira ¨de pais/nais e acompañantes, acampada, piscinas....


4 ago 2025

MINI BTT DE BETANZOS






Outra xornada mais de Mini Btt, esta vez en Betanzos na proba organizada polos Caimanes, e sumando bos resultados.